O Arxil formaliza a súa inscrición en Liga Feminina 2 e cumprirá 20 anos na categoría

Por Redacción
O Club Baloncesto Arxil cumpriu coa súa parte e estará a todos os efectos a próxima tempada na Liga Feminina 2, cumprindo 20 anos na segunda categoría do baloncesto feminino nacional.
O conxunto pontevedrés, a pesar da incerteza económica provocada pola situación sanitaria e que afectou á maioría de clubs en maior ou menor grao, formalizou este luns a súa inscrición en LF2 tras cumprir cos requisitos esixidos pola Federación Española de Baloncesto (FEB).
En concreto a entidade arxilista entregou o aval solicitado de 13.500 euros, ademais de asumir os 2.000 euros fixados como custo de inscrición. Todo iso sen espremer o prazo que tiña para iso, e que finalizaba ás 13:00 horas do próximo venres 17 de xullo.
Asegurado o seu futuro, todos os esforzos centraranse agora na confección dun plantel no que actualmente hai tres xogadoras confirmadas, as renovadas Natalia López e Cristina Díaz-Pache e a fichada Noelia Masiá.
O reto, asegura o Arxil, será "conformar un plantel versátil e de calidade pero primando o bloque destas últimas tempadas".
Mentres tanto a entidade pontevedresa celebrou as súas dúas décadas en Liga Feminina 2 cun vídeo con imaxes recentes do club.
O Arxil celebra 20 anos na Liga Feminina 2
© Club Baloncesto Arxil
Relacionadas:
-
Carla Fernández renova como temón do Arxil e cumprirá a súa undécima tempada no club
Por Redacción |
-
O Arxil blíndase na pintura coa fichaxe da internacional senegalesa Bineta Ndoye
Por Diego Espiño |
-
Confirmada a configuración de grupos en LF2 para Arxil e Cortegada e sen o Peixe Galego
Por Redacción |
-
Estudantes e deportistas. 100% de aprobados na EBAU para as xogadoras do Arxil
Por Almu Dapena |
-
Margarita Moreira dá continuidade ás renovacións no Arxil
Por Redacción |
-
Acordo entre o Arxil e Heather Forster para a súa renovación por unha tempada
Por Redacción |
-
Cristina Díaz-Pache renova e cumprirá a súa novena tempada no Arxil
Por Redacción |
-
O Arxil inscribe, esta vez si, o seu filial na Primeira Nacional confirmando o ascenso de categoría
Por Diego Espiño |
-
Noelia Masiá estrea o capítulo de fichaxes no Arxil
Por Redacción |
-
Natalia López, primeira renovación para o Arxil
Por Redacción |
-
O Arxil xa coñece a data de inicio da liga Feminina 2
Por Redacción |