Aprobada a ampliación da Liga Feminina 2, que pasará a ter tres grupos de 14 equipos
Por Redacción
A Comisión Delegada da Federación Española de Baloncesto (FEB) aprobou a proposta de ampliación da Liga Feminina 2 a tres grupos de 14 equipos para a tempada 2020/21, dous máis por grupo dos que se pensaba.
A pesar da reticencia de moitos clubs, o organismo federativo aposta por reestruturar a categoría na que compiten equipos como o Arxil pontevedrés e o Cortegada de Vilagarcía.
O que non aclarou polo momento a Federación é o modelo de competición que se seguirá e se, tal e como solicitaron por escrito entre outros os clubs galegos, habilitaranse dous descensos por grupo e tres ascensos vía play- off.
O proceso de ampliación fixa un período de preinscrición para todos os equipos de Primeira Nacional que queiran solicitar praza en LF 2 ata o 22 de xuño, así como un requisito económico de garantía de 5.000 euros. Á finalización deste proceso coñecerase o número exacto de clubs que formarán parte da segunda categoría do baloncesto nacional.
Por outra banda a FEB acordou ampliar a data de inscrición dos clubs en todas as competicións nacionais ata as 13 horas do 17 de xullo, co obxectivo de dar máis tempo de organización ás entidades deportivas #ante as consecuencias sobre todo económicas que provocou a pandemia de Covid-19.
Relacionadas:
-
Confirmada a configuración de grupos en LF2 para Arxil e Cortegada e sen o Peixe Galego
Por Redacción |
-
Noelia Masiá estrea o capítulo de fichaxes no Arxil
Por Redacción |
-
Natalia López, primeira renovación para o Arxil
Por Redacción |
-
O Arxil xa coñece a data de inicio da liga Feminina 2
Por Redacción |
-
O Peixe Galego dobra a súa aposta e formaliza a inscrición dun equipo na Liga Feminina 2
Por Diego Espiño |
-
Mayte Méndez inesgotable, vinte anos á fronte do Arxil
Por Redacción |
-
Adriana Aparicio deixa o Arxil para continuar os seus estudos universitarios na República Checa
Por Redacción |
-
Os equipos galegos de LF2 propoñen unha liga con 2 descensos por grupo e 3 ascensos vía play-off
Por Diego Espiño |
-
O Arxil aposta pola renovación de Forster e despídese de Johanna Puchetti
Por Diego Espiño |
-
Linnea Rosendal abandona o Arxil
Por Redacción |
-
O filial do Arxil ascende á categoría de bronce do baloncesto español
Por Redacción |
-
Lino Vázquez, directivo do Arxil: "me siento utilizado por la Federación"
Por Almu Dapena |