Margarita Moreira dá continuidade ás renovacións no Arxil

Por Redacción
Pasiño a paso o Club Baloncesto Arxil vai compoñendo o plantel co que competirá a próxima tempada na Liga Feminina 2.
O conxunto pontevedrés anunciou este venres unha renovación máis, a de Margarita Moreira, xogadora que chegou ao club para alternar presenzas no filial e no primeiro equipo pero que foi sumando cada vez máis minutos en LF2.
"Espero seguir aportando mi granito de arena a este club que me ha dado mucho", recoñeceu a xogadora de Burela tras confirmase a súa continuidade no club ao que hai xa varias tempadas procedente do Ensino de Lugo.
"Sigo siendo la misma que cuando llegué hace tres temporadas pero con ambición de seguir creciendo", asegurou Moreira, que a pasada campaña en LF2 sumou de media 17,10 minutos en pista en 21 partidos, con 3 puntos e 3,6 rebotes por encontro.
Margarita convértese na quinta peza confirmada para o novo proxecto arxilista, xunto ás renovadas Forster, Natalia López e Cristina Díaz-Pache e á fichada Noelia Masiá.
Renovación de Margarita Moreira no Arxil
© Club Baloncesto Arxil
Relacionadas:
-
María Lago cumprirá esta tempada unha década defendendo as cores do Arxil
Por Redacción |
-
Carla Fernández renova como temón do Arxil e cumprirá a súa undécima tempada no club
Por Redacción |
-
Un inicio de tempada en clave galega para o Arxil e o Cortegada na Liga Feminina 2
Por Redacción |
-
O Arxil blíndase na pintura coa fichaxe da internacional senegalesa Bineta Ndoye
Por Diego Espiño |
-
Estudantes e deportistas. 100% de aprobados na EBAU para as xogadoras do Arxil
Por Almu Dapena |
-
Acordo entre o Arxil e Heather Forster para a súa renovación por unha tempada
Por Redacción |
-
O Arxil formaliza a súa inscrición en Liga Feminina 2 e cumprirá 20 anos na categoría
Por Redacción |
-
Cristina Díaz-Pache renova e cumprirá a súa novena tempada no Arxil
Por Redacción |
-
O Arxil inscribe, esta vez si, o seu filial na Primeira Nacional confirmando o ascenso de categoría
Por Diego Espiño |
-
Noelia Masiá estrea o capítulo de fichaxes no Arxil
Por Redacción |
-
Natalia López, primeira renovación para o Arxil
Por Redacción |