Noelia Masiá estrea o capítulo de fichaxes no Arxil
Por Redacción
O Club Baloncesto Arxil xa ten á súa primeira fichaxe para a tempada 2020/2021, na que volverá a militar na Liga Feminina 2 de Baloncesto.
Trátase de Noelia Masiá, aleiro castellonenca que cumprirá nuns días 22 anos e que chega ao club pontevedrés procedente do Unicaja de Málaga, equipo tamén da categoría de prata.
A pesar da súa mocidade acumula xa varios anos de experiencia na categoría, na que debutou na 16/17 nas filas do Picken Claret, club desde o que deu o salto a Málaga para xogar en Primeira Nacional e ascender a LF2.
Masiá "destaca pola súa capacidade anotadora desde liña exterior e a súa capacidade de rebote", sinalan desde o Arxil sobre unha xogadora que este curso, suspendido cando o Unicaja marchaba cuarto clasificado, contaba cunhas boas porcentaxes de acerto cun 39,4% desde a liña de tres e ata o 85,7% nos tiros libres, a pesar de que a súa achega en puntos non foi destacada ao promediar case 14 minutos en pista por encontro.
Confirmado a súa fichaxe Noelia Masía quixo "dar muchas gracias al club por la grandísima oportunidad y la confianza", que espera devolver en forma de rendemento na cancha para "seguir crecendo e sumando ao equipo".
Relacionadas:
-
O Arxil presenta o seu novo arsenal para asaltar o playoff
Por Manu Otero |
-
María Lago cumprirá esta tempada unha década defendendo as cores do Arxil
Por Redacción |
-
O Arxil blíndase na pintura coa fichaxe da internacional senegalesa Bineta Ndoye
Por Diego Espiño |
-
Margarita Moreira dá continuidade ás renovacións no Arxil
Por Redacción |
-
Acordo entre o Arxil e Heather Forster para a súa renovación por unha tempada
Por Redacción |
-
O Arxil formaliza a súa inscrición en Liga Feminina 2 e cumprirá 20 anos na categoría
Por Redacción |
-
Cristina Díaz-Pache renova e cumprirá a súa novena tempada no Arxil
Por Redacción |
-
O Arxil inscribe, esta vez si, o seu filial na Primeira Nacional confirmando o ascenso de categoría
Por Diego Espiño |
-
Natalia López, primeira renovación para o Arxil
Por Redacción |
-
O Arxil xa coñece a data de inicio da liga Feminina 2
Por Redacción |
-
Mayte Méndez inesgotable, vinte anos á fronte do Arxil
Por Redacción |
-
Adriana Aparicio deixa o Arxil para continuar os seus estudos universitarios na República Checa
Por Redacción |
-
Aprobada a ampliación da Liga Feminina 2, que pasará a ter tres grupos de 14 equipos
Por Redacción |
-
O Arxil aposta pola renovación de Forster e despídese de Johanna Puchetti
Por Diego Espiño |
-
Linnea Rosendal abandona o Arxil
Por Redacción |