A Xunta Xestora do Teucro pospón sen data as novas eleccións á presidencia
Por Diego Espiño
Non haberá, polo momento, novas eleccións á presidencia da Sociedad Deportiva Teucro.
Así o comunicou este martes a xunta xestora que rexe a entidade desde a renuncia de Carlos García- Alén como presidente e a errada primeira convocatoria electoral, pechada en decembro sen que se presentase ningún candidato.
Os estatutos da entidade obrigaban agora a abrir un novo proceso, pero este viuse interrompido pola situación de emerxencia sanitaria.
"A situación actual do estado de alarma que vive o noso país é a que nos obriga a comunicar aos nosos socios a dificultade de convocar actualmente unha Asemblea Extraordinaria do club para continuar coa elección dun novo presidente da entidade, sobre todo pola falta de instrucións concretas por parte das autoridades respecto a a celebración dun evento destas características", sinala nun comunicado a xestora.
Por ese motivo "todos os membros da actual Xunta Xestora decidimos continuar como tal polo menos mentres dure esta situación excepcional de saúde para poder liquidar o peche da presente tempada e o avance da seguinte", confirman.
Isto será así a condición de que un socio do Teucro non comunique a súa intención de presentarse á presidencia, momento no que "se tentarían convocar de forma urxente as eleccións", explican os actuais dirixentes.
A xunta xestora traballa xa na planificación da próxima tempada, empezando pola figura do responsable técnico do primeiro equipo, onde a falta de pechar por completo o acordo a elixida para o cargo será Irene Vilaboa, o que a converterá na primeira muller que dirixe un equipo na División de Honra Prata masculina.
Relacionadas:
-
Fin do proceso electoral no Teucro sen candidatos á presidencia
Por Diego Espiño |
-
O Teucro mantén 411.000 euros de patrimonio neto negativo e prepárase para "dous anos duros"
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
O Teucro iniciará o 17 de marzo, en asamblea extraordinaria, un novo proceso electoral
Por Redacción |
-
Un grupo de ex-xogadoras do Teucro traballa na creación dun equipo sénior feminino
Por Diego Espiño |
-
O Teucro presenta a Irene Vilaboa: "Non a contratamos por ser muller, contratámola pola súa valía"
Por Diego Espiño |
-
O Teucro valora non sacar equipo en Primeira Nacional debido á redución orzamentaria
Por Almu Dapena |
-
Irene Vilaboa chega ao Teucro con "ilusión" e sen verse como pioneira: "a pregunta é por que non hai máis mulleres neste posto"
Por Diego Espiño |
-
O Teucro confirma a fichaxe de Irene Vilaboa, primeira muller que dirixirá un equipo na División de Honra Prata masculina
Por Diego Espiño |
-
Irene Vilaboa é a elixida para dirixir o Teucro a próxima tempada
Por Diego Espiño |
-
José Ameijeiras, directivo do Teucro, cre que a tempada 2020/2021 será "moi emocionante" para o club
Por Almu Dapena |
-
O Teucro e Luis Montes separan os seus camiños
Por Redacción |
-
Sen caras novas na xunta xestora provisional do Teucro
Por Redacción |
-
O proceso electoral á presidencia do Teucro péchase sen candidatos
Por Redacción |