Irene Vilaboa é a elixida para dirixir o Teucro a próxima tempada
Por Diego Espiño
A Sociedad Deportiva Teucro xa elixiu á persoa que guiará desde o banco ao vicedecano do balonmán nacional a próxima tempada na División de Honra Prata.
Trátase de Irene Vilaboa, que a falta só de pequenos detalles para pechar a operación substituirá no cargo a Luís Montes, cuxa saída despois de dúas tempadas anunciouse a principios de maio.
A adestradora viguesa enfrontarase quizais o reto máis complexo da súa carreira, o de asumir a responsabilidade de dirixir a un histórico balonmán nacional nunha das tempadas máis incertas da historia recente, debido á crise provocada polo coronavirus e que traerá consigo unha importante redución orzamentaria.
Vilaboa estivo case unha década á fronte do Bueu Atlético, equipo ao que asentou na Primeira Nacional e ao que dirixía xunto á súa irmá Rosa, quen a pasada campaña recalou precisamente no Teucro como segunda de Montes, entre outras facetas.
A xunta xestora teucrista tiña previsto reunirse durante a tarde deste luns para tratar este e outros asuntos, aínda que o encontro tivo que ser posposto, o que atrasará a súa confirmación oficial.
Unha vez pechada a contratación da adestradora do primeiro equipo, agora quédalle por diante á comisión deportiva un duro traballo, a de confeccionar un plantel o máis competitivo posible. Farano en principio co obxectivo de completar un ano tranquilo na División de Honra Prata, sen pensar en grandes aspiracións, cun equipo no que terán importante presenza xogadores que ata o de agora pertencían ao filial de Primeira Nacional.
Relacionadas:
-
O Teucro presenta a Irene Vilaboa: "Non a contratamos por ser muller, contratámola pola súa valía"
Por Diego Espiño |
-
Irene Vilaboa chega ao Teucro con "ilusión" e sen verse como pioneira: "a pregunta é por que non hai máis mulleres neste posto"
Por Diego Espiño |
-
O Asmubal Meaño feminino, novo proxecto para Luis Montes
Por Diego Espiño |
-
O Teucro confirma a fichaxe de Irene Vilaboa, primeira muller que dirixirá un equipo na División de Honra Prata masculina
Por Diego Espiño |
-
A Xunta Xestora do Teucro pospón sen data as novas eleccións á presidencia
Por Diego Espiño |
-
José Ameijeiras, directivo do Teucro, cre que a tempada 2020/2021 será "moi emocionante" para o club
Por Almu Dapena |
-
O Teucro e Luis Montes separan os seus camiños
Por Redacción |
-
Cisne e Teucro, "moi contentos" coa decisión da Federación de suspender a liga con ascensos e sen descensos
Por Almu Dapena |