Máis de 450 ciclistas confirmados para o inicio da Transgalaica
Por Redacción
Todo listo para que Carballedo acolla, o vindeiro domingo 24 de febreiro, a décima edición do Trofeo Concello de Cerdedo-Cotobade de BTT, proba inaugural do circuíto Transgalaica.
Máis de 450 ciclistas confirmaron a súa presenza na proba de BTT maratón, que foi presentada este xoves na Praza da Chan coa presenza do presidente municipal, Jorge Cubela, o concelleiro de Deportes, Bruno Portela, e Javier Sánchez, representante de Team Relay, ademais de Manuel Armada e outros membros da organización.
Desde as 9:30 horas da mañá do domingo os participantes afrontarán un percorrido de 62 quilómetros polos montes da comarca, que lles fará salvar un desnivel acumulado positivo de ata 1.500 metros co observatorio (650 metros) como punto máis elevado.
A chegada estímase que se producirá, no caso do gañador, sobre as 12.00 horas ao centro de Carballedo e a entrega de premios está fixada para as 13.30 horas.
Entre os favoritos cabe destacar aos vencedores en Carballedo do pasado ano, Javi Busto e Lara Lois, ambos os dous do Extol-La Gramola Team. Ademais con opcións de vitoria en categoría masculina preséntanse Brandán Márquez e Esteban Sánchez, vencedor do circuíto Transgalaica 2018, e na categoría feminina Lucía Vázquez, que tratará de reeditar a súa vitoria do 2017.
Tras esta proba, a Transgalaica terá continuidade con carreiras en Ames, Vigo, Silleda e A Estrada.
Relacionadas:
-
Javi Busto e Lara Lois repiten triunfo na Transgalaica de Cerdedo-Cotobade
Por Redacción |
-
A Transgalaica de Cerdedo-Cotobade asegúrase unha alta participación
Por Redacción |
-
Cerdedo-Cotobade mantense como proba inaugural da Transgalaica de BTT en 2019
Por Redacción |
-
Javi Busto triunfa no arranque da Transgalaica 2018 de Cerdedo-Cotobade
Por Redacción |