Javi Busto triunfa no arranque da Transgalaica 2018 de Cerdedo-Cotobade
Por Redacción
Con gran éxito arrancou este domingo a Transgalaica 2018, un dos circuítos de BTT máis emocionantes que se celebran en Galicia. Máis de 400 ciclistas participaron na primeira proba, celebrada en Carballedo (Cerdedo-Cotobade).
A carreira disputouse por un esixente circuíto polas pistas de terra dos montes da contorna de Carballedo con case 60 quilómetros de lonxitude.
Arrancou ás 9.30 horas da Praza da Chan e salvou un desnivel acumulado duns 1.500 metros, sendo o observatorio, a 650 metros de altura, o punto máis elevado que tiveron que afrontar os ciclistas.
Na categoría masculina, o triunfo foi para Javi Busto do Extol-La Gramola Team, que suma con estas 11 vitorias neste circuíto. Completaron o podio Alex Trasbach e Esteban Sánchez.
Pola súa banda, entre as mulleres, a vitoria foi para Lara Lois (Extol-La Gramola Team), que se impuxo a Isabel Picoaga e Mar Delgado.
O Concello de Ames, coa organización do C. C. Os Esfola Arrós, acollerá a próxima xornada da Transgalaica o próximo 11 de marzo.
Relacionadas:
-
Máis de 450 ciclistas confirmados para o inicio da Transgalaica
Por Redacción |
-
A Transgalaica de Cerdedo-Cotobade asegúrase unha alta participación
Por Redacción |
-
Cerdedo-Cotobade mantense como proba inaugural da Transgalaica de BTT en 2019
Por Redacción |
-
Máis de 400 ciclistas participarán na Transgalaica de Carballedo
Por Redacción |
-
Cerdedo-Cotobade renova o seu compromiso coa Transgalaica de BTT e abrirá o calendario de 2018
Por Redacción |