A Transgalaica de Cerdedo-Cotobade asegúrase unha alta participación
Por Redacción
A falta dun mes para a súa celebración a Transgalaica de Cerdedo-Cotobade apunta a un éxito total de participación.
A proba inaugural do circuíto galego de BTT Maratón, que se disputará o domingo 24 de febreiro, conta xa con 250 ciclistas confirmados, un ritmo que convida a pensar nunha edición de récord que supere os 450 participantes do pasado ano.
Entre os confirmados atópanse os vencedores da última edición do circuíto, Esteban Sánchez e Lara Lois.
A carreira da Transgalaica de Cerdedo-Cotobade contará con novidades no seu percorrido, destacando a subida ao miradoiro do monte Coirego. Serán un total de 62 quilómetros con 1.410 metros de desnivel acumulado positivo.
Ademais paralelamente celebrarase unha marcha cicloturista.
As inscricións para tomar parte nesta esixente proba deportiva manteranse abertas ata o día 21 de febreiro a través da web www.circuitotransgalaica.com.
Relacionadas:
-
Javi Busto e Lara Lois repiten triunfo na Transgalaica de Cerdedo-Cotobade
Por Redacción |
-
Máis de 450 ciclistas confirmados para o inicio da Transgalaica
Por Redacción |
-
Cerdedo-Cotobade mantense como proba inaugural da Transgalaica de BTT en 2019
Por Redacción |
-
Javi Busto triunfa no arranque da Transgalaica 2018 de Cerdedo-Cotobade
Por Redacción |