Cerdedo-Cotobade mantense como proba inaugural da Transgalaica de BTT en 2019
Por Redacción
A Transgalaica de ciclismo de montaña renova a súa relación con Cerdedo-Cotobade, que repetirá en 2019 no calendario galego de BTT maratón.
A de Carballedo será un ano máis a cita inaugural do certame, cunha carreira que se disputará o domingo 24 de febreiro.
O obxectivo da organización será chegar á cifra de 450 deportistas, que deberán completar un percorrido esixente de aproximadamente 60 quilómetros polas pistas e carreiros do municipio.
Ademais de especialistas galego, de novo daranse cita en Carballedo algúns dos mellores especialistas do noroeste peninsular.
Tras a de Cerdedo-Cotobade, o resto de probas que compoñen a Transgalaica 2019 son: Ames (20 de marzo), A Estrada (24 de marzo), Silleda (7 de abril) e Vigo (28 de abril).
Relacionadas:
-
Javi Busto e Lara Lois repiten triunfo na Transgalaica de Cerdedo-Cotobade
Por Redacción |
-
Máis de 450 ciclistas confirmados para o inicio da Transgalaica
Por Redacción |
-
A Transgalaica de Cerdedo-Cotobade asegúrase unha alta participación
Por Redacción |
-
Javi Busto triunfa no arranque da Transgalaica 2018 de Cerdedo-Cotobade
Por Redacción |