Javi Busto e Lara Lois repiten triunfo na Transgalaica de Cerdedo-Cotobade
Por Redacción
Un ano máis Cerdedo-Cotobade deu o pistoletazo de saída ao circuíto Transgalaica de BTT Maratón cunha proba que se caracterizou por unha alta participación.
Carballedo acolleu a saída e a chegada dunha proba que contaba con 62 quilómetros de percorrido polos montes da comarca e que repetiu os vencedores da pasada edición.
Emocionante foi o desenlace na categoría masculina, con Javi Busto (2:42.060) repetindo o triunfo de 2018 ao superar ao sprint e por menos dun segundo a Estefan González (2:42.452) e Brandán Márquez (2:42.870), segundo e terceiro respectivamente.
Pola súa banda na competición feminina a triunfadora foi Lara Lois (3:15.420) con só 10 segundos de vantaxe sobre Lucía Vázquez (3:25.430). Completou o podio Diana Blanco (3:44.240).
Por equipos o primeiro posto foi para o Extol-La Gramola Team ao colocar aos seus tres corredores entre os sete primeiros.
A localidade coruñesa de Ames será a segunda parada da Transgalaica o día 10 de marzo.
Relacionadas:
-
A Transgalaica 2020, preparada para estrearse en Carballedo
Por Redacción |
-
Máis de 450 ciclistas confirmados para o inicio da Transgalaica
Por Redacción |
-
A Transgalaica de Cerdedo-Cotobade asegúrase unha alta participación
Por Redacción |
-
Cerdedo-Cotobade mantense como proba inaugural da Transgalaica de BTT en 2019
Por Redacción |