A Transgalaica 2020, preparada para estrearse en Carballedo
Por Redacción
É xa tradición que Cerdedo-Cotobade inaugure o circuíto de BTT maratón da Transgalaica.
Carballedo, por undécimo ano consecutivo, será a encargada de abrir a competición, neste caso o vindeiro domingo 23 de febreiro.
Segundo as estimacións tomarán a saída preto de 400 ciclistas nas diferentes categorías: elite- sub23, xuvenil e master tanto en modalidade masculina como feminina.
A competición, que conta coa colaboración do Concello e da Federación Galega de Ciclismo, discorrerá por un esixente circuíto por pistas dos montes da contorna de Carballedo, con case 64 quilómetros de lonxitude. A carreira iniciarase ás 9.30 horas e salvará un desnivel acumulado de 1.500 metros, sendo o miradoiro do Coirego, a 650 metros de altura, o punto máis elevado.
A Trangalaica de BTT completarase nesta edición coas probas previstas en Ames (8 de marzo), A Estrada (22 de marzo) e Silleda (5 de abril).