VÍDEO.- A nova camiseta do Poio Pescamar, máis 'conserveira' que nunca
Por Redacción
O Poio Pescamar será esta tempada máis 'conserveiro' que nunca grazas ao seu equipamento.
O club vermello presentou mediante un vídeo a súa nova camiseta, que lucirá nun curso no que aspira a cotas altas na máxima categoría e que supón toda unha homenaxe ao seu patrocinador principal e tamén a todas as mulleres que traballan no sector da conserva.
Cecilia Puga 'Ceci', un dos símbolos do equipo nos últimos anos, foi a encargada de protagonizar a campaña, gravada nas instalacións de Pescamar.
O equipamento estará proximamente á venda a un prezo de 20 euros para os socios do club e de 25 euros para os non socios.
O Poio Pescamar continúa mentres tanto coa súa preparación pensando no comezo de liga, previsto para o día 29 de setembro na cancha do Universidad de Alicante.
Relacionadas:
-
Remontada do Poio Pescamar en Alacante para comezar a liga con bo pé (2-3)
Por Redacción |
-
Carol Agulla e Antía Pérez pasan o último corte e estarán nos Xogos Olímpicos da Mocidade
Por Diego Espiño |
-
Os novos equipamentos do Poio Pescamar, estrelas na presentación do equipo
Por Redacción |
-
Carol Agulla e Antía Pérez, carreira cara aos Xogos Olímpicos da Mocidade
Por Redacción |
-
A valisoletana Irene García reforza o Poio Pescamar
Por Redacción |