Carol Agulla e Antía Pérez, carreira cara aos Xogos Olímpicos da Mocidade
Por Redacción
Perderán, se todo vai ben, as primeiras xornadas de liga co Poio Pescamar, pero a ilusión de disputar unha gran cita internacional é máis forte que iso.
Carolina Agulla e Antía Pérez apuran estes días en Las Rozas as súas opcións para estar nos Xogos Olímpicos da Mocidade que se disputarán a principios de outubro en Buenos Aires.
As dúas futbolistas do Poio teñen moitas papeletas de estar na competición olímpica coa Selección Española Sub-18, aínda que a seleccionadora nacional, Claudia Pons, aínda debe realizar dous descartes antes da competición entre as 12 xogadoras que protagonizan a concentración previa.
Importante será a imaxe no amigable previsto para este mércores ante o Alcorcón da máxima categoría, un esixente test para a Selección antes de emprender a viaxe a Arxentina.
Antía e Carol, en caso de acudir aos Xogos Olímpicos da Mocidade, enfrontaranse na primeira fase da competición aos combinados de Tonga, Tailandia, Bolivia e Trinidad e Tobago, sendo España unha das máximas favoritas para meterse na loita polas medallas.
Relacionadas:
-
Carol Agulla e Antía Pérez pasan o último corte e estarán nos Xogos Olímpicos da Mocidade
Por Diego Espiño |
-
Os novos equipamentos do Poio Pescamar, estrelas na presentación do equipo
Por Redacción |
-
VÍDEO.- A nova camiseta do Poio Pescamar, máis 'conserveira' que nunca
Por Redacción |
-
A valisoletana Irene García reforza o Poio Pescamar
Por Redacción |