A Federación Española volve fixarse no Waterpolo Pontevedra
Por Redacción
O traballo que vén desenvolvendo nos últimos anos o Club Waterpolo Pontevedra non pasa desapercibido para a Real Federación Española de Natación, que por segunda vez en só uns meses convocou a unha xogadora pontevedresa.
Se en outubro foi a cadete Irene Esteban, agora a quenda é para Andrea Andión, convocada a participar nunha concentración infantil do Programa Nacional de Tecnificación Deportiva de Waterpolo, que se celebrará no CAR Sant Cugat (Barcelona) do 11 ao 13 de maio.
Andrea formará parte dun reducido grupo de 14 mozas de categoría infantil (04/05) de diferentes clubs nacionais excepto Cataluña.
A xogadora do Waterpolo Pontevedra vén de xogar a pesar da súa mocidade o Campionato de España Absoluto Feminino de 2ª División co seu club, onde a pesar de ser unha das máis novas do mesmo, xogou cada partido como aboia titular e marcando 4 goles.
O equipo pontevedrés asinou un positivo campionato en Alcorcón concluíndo en sexto lugar e conseguindo dúas vitorias.
Relacionadas:
-
Andrea Andión, do Waterpolo Pontevedra, repite convocatoria co equipo nacional
Por Redacción |
-
O Club Waterpolo Pontevedra, homenaxeado tras unha fantástica tempada
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
O equipo feminino do Waterpolo Pontevedra consegue o dobrete
Por Redacción |
-
O Waterpolo Pontevedra reconquista nos penaltis o título da Liga Galega
Por Redacción |
-
Un recoñecemento nacional ao traballo do Waterpolo Pontevedra
Por Redacción |
-
A pontevedresa Irene Esteban, convocada para unha concentración nacional de waterpolo
Por Redacción |