O equipo feminino do Waterpolo Pontevedra consegue o dobrete
Por Redacción
O equipo feminino do Club Waterpolo Pontevedra redondeou a tempada a fin de semana ao facerse co título de campión da Copa Galega Abosulta, cuxa fase final celebrouse na piscina coruñesa de INEF.
As pontevedresas logran así o dobrete, ao sumar este título ao de liga logrado recentemente.
Na Coruña, nunha competición na que participaban os catro equipos galegos de waterpolo feminino, o Pontevedra enfrontouse en semifinais o RCN Vigo, nun choque no que non se saíron ben as cosas pero no que terminaron remontando no último cuarto para facerse co triunfo (6-5).
Na final esperaba xa o CN Coruña. Aí as pontevedresas melloraron a súa imaxe e comezaron dominando cun 2-0 no primeiro parcial para despois manter a vantaxe ao longo do encontro. Chegaron a contar con catro goles de renda, pero ao final o choque pechouse no 10-7 final.
Unha boa tempada do equipo feminino do CW Pontevedra, que finaliza o ano cos títulos de Liga e Copa, con pleno de vitorias e unha positiva participación no Campionato de España Feminino de 2ª División.
Relacionadas:
-
Dobre cita nacional para o Waterpolo Pontevedra en Elxe e As Palmas
Por Redacción |
-
O Club Waterpolo Pontevedra, homenaxeado tras unha fantástica tempada
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
O Waterpolo Pontevedra despide a tempada autonómica organizando o Campionato Galego Cadete
Por Redacción |
-
A Federación Española volve fixarse no Waterpolo Pontevedra
Por Redacción |
-
O Waterpolo Pontevedra reconquista nos penaltis o título da Liga Galega
Por Redacción |