O Club Waterpolo Pontevedra, homenaxeado tras unha fantástica tempada
Por Redacción & Mónica Patxot
Nenos e nenas dos diferentes equipos do Club Waterpolo Pontevedra foron os protagonistas este martes dunha recepción que o Concello lles ofreceu na Casa da Luz como homenaxe polos éxitos deportivos desta tempada.
Os seus deportistas sumaron once títulos autonómicos dos dezaseis disputados este ano, entre eles, os xogados en categorías absoluta masculina e feminina, xuvenil mixta, xuvenil feminina e infantil mixta. A estes títulos sumaron a liga cadete mixta e o campionato galego benxamín.
O Waterpolo Pontevedra, ademais, é o primeiro club galego en número de deportistas e o que ten un maior número de rapazas. Son, en total, 119 licenzas federativas das que 26 son nenas.
O alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, asegurou estar "moi orgulloso" dos logros deportivos do equipo e felicitou aos seus responsables polo seu "magnífico" traballo co deporte base, inculcando os nenos a disciplina, a constancia, a superación, a convivencia e a solidariedade que está asociada ao deporte.
O último título logrado polo Waterpolo Pontevedra esta tempada foi o campionato galego de cadete de verano, celebrado esta fin de semana na piscina do CGTD de Pontevedra coa participación dos seis mellores equipos de Galicia.
Tras unha brillante fase inicial, o CW Pontevedra impúxose na final ao RCN Vigo por 5 goles a 2.
Este triunfo, sen dúbida, daralle ao equipo unha maior motivación de cara aos campionatos de España que, nas categorías masculina e feminina, se disputará os días 6, 7 e 8 de xullo.
Relacionadas:
-
Boa imaxe do Waterpolo Pontevedra nos nacionais de Castelló e Sabadell
Por Redacción |
-
Dobre cita nacional para o Waterpolo Pontevedra en Elxe e As Palmas
Por Redacción |
-
O Waterpolo Pontevedra despide a tempada autonómica organizando o Campionato Galego Cadete
Por Redacción |
-
O equipo feminino do Waterpolo Pontevedra consegue o dobrete
Por Redacción |
-
A Federación Española volve fixarse no Waterpolo Pontevedra
Por Redacción |