Un recoñecemento nacional ao traballo do Waterpolo Pontevedra
Por Redacción
O traballo de canteira realizado polo Club Waterpolo Pontevedra non pasou desapercibido para a Real Federación Española de Natación, que convocou a unha das súas xogadoras a unha concentración incluído dentro das Xornadas do Plan Nacional de Tecnificación.
Trátase de Irene Esteban, xogadora de categoría cadete que puido gozar da experiencia de adestrar durante varios días con outras 26 deportistas de toda España.
A moza pontevedresa desprazouse a Valencia, sendo unha das xogadoras máis novas da concentración, para durante catro días aprender novos conceptos que lle axuden a progresar no seu xogo baixo a atenta mirada dos técnicos nacionais.
ESCOLA DE WATERPOLO EN MARÍN
Unha vella aspiración do Club Waterpolo Pontevedra converteuse en realidade este semana, ao poñer en marcha unha nova escola deportiva en Marín.
Esta escola dirixida a nenos e nenas de entre 9 e 12 anos, que conta co apoio do Concello de Marín e a colaboración da Escola Naval Militar para utilizar as súas instalacións, levará a cabo os seus adestramentos todos os martes e xoves de 16:00 a 17:00 horas.
A pesar de que as inscricións para a escola, vía municipal, están xa pechadas, aínda quedan prazas para inscribirse a través do Club Waterpolo Pontevedra, que pretende consolidar este deporte na vila.
Relacionadas:
-
A Federación Española volve fixarse no Waterpolo Pontevedra
Por Redacción |
-
O Waterpolo Pontevedra promociona o seu deporte nos colexios marinenses
Por Redacción |
-
O Waterpolo Pontevedra encaixa en Santiago a súa primeira derrota da tempada
Por Redacción |
-
Unha nova e ilusionante tempada para o Club Waterpolo Pontevedra
Por Redacción |
-
O Waterpolo Pontevedra sofre pero mantense invicto na Primeira División Galega
Por Redacción |
-
O Waterpolo Pontevedra inicia a tempada con bo pé
Por Redacción |
-
A pontevedresa Irene Esteban, convocada para unha concentración nacional de waterpolo
Por Redacción |
-
Ilusións renovadas no Waterpolo Pontevedra ante o inicio da nova tempada
Por Redacción |