Mellorar fóra da casa, obxectivo do Teucro para a segunda volta da Liga Asobal
Por Redacción
Finalizado o parón da Liga Asobal pola disputa do Europeo de Seleccións que tan ben resultou para o balonmán español, o Condes de Albarei Teucro prepárase para retomar a competición.
Os azuis traballaron con intensidade durante o mes de xaneiro para chegar en perfectas condicións ao comezo da segunda volta, que arrincará cun choque ante un rival directo pola permanencia na máxima categoría como é o Balonmano Zamora.
O conxunto zamorano visitará o vindeiro sábado 3 de febreiro o Pavillón Municipal dos Deportes (20:30 horas) nun partido marcado en vermello no calendario.
Non deixar escapar puntos en casa ante rivais da súa liga é un dos obxectivos que se marca o cadro teucrista ata final de tempada, o outro é mellorar o seu rendemento a domicilio, algo necesario para garantir a salvación. Neste aspecto na primeira volta os de Quique Domínguez só sumaron dous puntos, con senllos empates e Zamora e Cangas, mentres que encaixaron cinco derrotas.
Para iso, e para tentar a machada na Copa do Rei na que se atopan a un paso da final a 8, o técnico pontevedrés recupera efectivos despois dun final de ano castigado polas lesións. Óscar Silva encara a fase final da súa recuperación, mentres que Medina está preparado para volver ao equipo para achegar a súa experiencia a unha defensa que perdeu coa lesión de Rial un dos seus puntais. Ademais homes como Carlos García, que perdeu as últimas citas oficiais, piden paso agardando deixar atrás os problemas físicos que arrastraban.
Relacionadas:
-
Emocionante vitoria do Teucro ante o Zamora que achega a permanencia (23-22)
Por Diego Espiño & Diego Torrado |
-
Máis que dous puntos en xogo para Teucro e Zamora no regreso da Liga Asobal
Por Diego Espiño |
-
Homenaxe do Teucro aos campións de Europa de balonmán
Por Redacción |
-
Reserva efectivos o Teucro e cae ante Ademar León no amigable de Lugo (23-29)
Por Redacción |
-
Suspendido o partido entre Teucro e Sporting de Portugal que se ía a celebrar en Cuntis
Por Redacción |
-
Ismai, Sporting de Portugal e Ademar, rivais do Teucro para a súa 'minipretempada' invernal
Por Diego Espiño |
-
O BM Guadalajara, último escollo do Teucro cara á Final a 8 da Copa do Rei
Por Redacción |