Suspendido o partido entre Teucro e Sporting de Portugal que se ía a celebrar en Cuntis
Por Redacción
O Condes de Albarei Teucro non puido disputar este sábado o segundo dos encontros amigables previstos durante este mes de xaneiro para preparar a segunda volta da Liga Asobal.
O I Trofeo Termas de Cuntis que lle ía a enfrontar ao campión luso, o Sporting de Portugal, tivo que ser suspendido pola condensación que afectaba á pista do pavillón cuntiense.
Sobre a cancha de xogo ambos os equipos pousaron xuntos pero non puideron chegar a verse as caras.
Debido a esta situación o club azul valora se buscar outro partido amigable para os próximos días que complete a súa preparación.
Tras esta cita e despois de derrotar entre semana ao Ismai Maia portugués, o Condes de Albarei Teucro ten pactado aínda outro encontro amigable, o sábado 27 de xaneiro en Lugo ante o Ademar de León.
Relacionadas:
-
Máis que dous puntos en xogo para Teucro e Zamora no regreso da Liga Asobal
Por Diego Espiño |
-
Mellorar fóra da casa, obxectivo do Teucro para a segunda volta da Liga Asobal
Por Redacción |
-
Reserva efectivos o Teucro e cae ante Ademar León no amigable de Lugo (23-29)
Por Redacción |
-
Ismai, Sporting de Portugal e Ademar, rivais do Teucro para a súa 'minipretempada' invernal
Por Diego Espiño |
-
Sete xogadores do Teucro, parte da Selección Galega no seu segundo amigable ante Arxentina
Por Redacción |
-
O BM Guadalajara, último escollo do Teucro cara á Final a 8 da Copa do Rei
Por Redacción |