Homenaxe do Teucro aos campións de Europa de balonmán
Por Redacción
O fito conseguido pola Selección Española ao proclamarse por primeira vez na súa historia campioa de Europa non só é unha boa noticia para todo o balonmán nacional, e por ese motivo o Condes de Albarei Teucro quere unirse ás celebracións.
Coa colaboración do seu principal patrocinador, o equipo pontevedrés decidiu homenaxear ao longo da segunda volta da Liga Asobal a todos e cada un dos 'Hispanos' que vaia atopando no camiño, e non só aos dous xogadores que contan con pasado no club azul como Viran Morros e Gedeón Guardiola.
"Cremos que un fito tan importante para o noso deporte como este título europeo merece unha homenaxe e non queremos deixar pasar a oportunidade", explicou o presidente teucrista, Carlos García-Alén.
Desta forma o primeiro homenaxeado será Adriá Figueras, xogador do Fraikin BM Granollers. Posteriormente, xa no Pavillón Municipal dos Deportes, a afección poderá sumarse ao recoñecemento a Ángel Fernández, xogador do BM La Rioja. Xa na última xornada da competición, os azuis cruzaranse aos campións do FC Barcelona Lassa (Viran Morros, Aitor Ariño, Raúl Entrerríos, Gonzalo Pérez de Vargas e Valero Rivera).
O PARTIDO ANTE ANAITASUNA, O MÉRCORES 14 DE FEBREIRO
Mentres o primeiro equipo do Teucro prepárase para a súa volta á competición recibindo o sábado 3 de febreiro ao Zamora no Municipal, a Asobal fixou o día e hora do seguinte encontro dos pontevedreses na súa pista, ante o Anaitasuna.
Coas cámaras de Movistar + como testemuñas, os azuis enfrontaranse ao cadro navarro o mércores 14 de febreiro, festivo local na cidade, a partir das 20:30 horas.
Relacionadas:
-
O Teucro apontoa o seu proxecto de canteira cun acordo co San Narciso de Marín
Por Redacción |
-
Unha praga de lesións que parece non ter fin
Por Diego Espiño |
-
Emocionante vitoria do Teucro ante o Zamora que achega a permanencia (23-22)
Por Diego Espiño & Diego Torrado |
-
Máis que dous puntos en xogo para Teucro e Zamora no regreso da Liga Asobal
Por Diego Espiño |
-
Mellorar fóra da casa, obxectivo do Teucro para a segunda volta da Liga Asobal
Por Redacción |
-
Reserva efectivos o Teucro e cae ante Ademar León no amigable de Lugo (23-29)
Por Redacción |
-
España despídese de Pontevedra gañando a unha notable Arxentina (31-28)
Por Diego Espiño & Diego Torrado |
-
España resolve en dez minutos ante Bielorrusia e logo exhíbese (35-30)
Por Ramiro Espiño & Oskar Viéitez |