Pablo Crespo di adeus a París 2024 como semifinalista do C-1
Por Diego Espiño
Pablo Crespo pechou este venres os seus primeiros Xogos Olímpicos, e fíxoo con todas as honras como flamante semifinalista do C-1 1.000 metros.
O xove pontevedrés tomaba parte na segunda das semifinais tras cumprir con fartura avanzando as primeiras roldas clasificatorias. Con oito embarcacións e catro prazas dando acceso á gran final, meterse entre os mellores era todo un soño.
Con todo, Crespo pelexouno e nos primeiros metros da regata asomou polos postos de cabeza.
Finalmente foi perdendo posicións para terminar pechando a quenda en oitava posición cun tempo de 4:03.04, relegado á Final B.
Un resultado que non embaza en absoluto unha estrea olímpica que hai poucos meses, antes do Selectivo Nacional, parecía case unha quimera. Por iso, Pablo Crespo pode presumir con orgullo que xa é un deportista olímpico.
Relacionadas:
-
Diploma olímpico para Antía Jácome, sexta na final do C-2 500
Por Diego Espiño | Creada e actualizada
-
Carolina García queda sen final olímpica no K-2
Por Diego Espiño | Creada e actualizada
-
Diego Domínguez e Joan Antoni Moreno, un bronce olímpico con aroma 'meco' e forxado no CGTD
Por Diego Espiño |
-
Sexto posto para Tere Portela e Carolina García na final olímpica de K-500
Por Diego Espiño |
-
Antía Jácome, pase directo á semifinal olímpica no C-1 200
Por Diego Espiño |
-
O pontevedrés Pablo Crespo accede ás semifinais olímpicas de C1 1000
Por Anxo Lourido |