![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/571/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MgJyq/Lzc52L8gt0zCwMdI_/_wNDHSSU/NKUot0SvILlKxrAQ==_/66b4b17e34-53905396351_817c4d55db_k.jpg)
© Real Federación Española de Piragüismo
Sexto posto para Tere Portela e Carolina García na final olímpica de K-500
![Diego](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/5df/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/570532d2ea-20160329-patxot-diego-espino-1009.jpg)
Por Diego Espiño
O K-4 500 metros no que competían dúas pontevedresas como Tere Portela e Carlina García lograron o primeiro diploma olímpico do deporte pontevedrés en París 2024.
Soñaban ambas as dúas coas medallas, pero quedaron a algo máis de segundo e medio dese obxectivo, asinando iso si un meritorio diploma co sexto posto final.
Tras avanzar directamente á final nas series clasificatorias, o K-4 500 que as pontevedresas comparten con Sara Ouzande e Estefanía Fernández presentábase na gran final coa esperanza de pelexar polas prazas de podio, e aínda que saíu ben no ecuador da proba marchaban xa quintas sen poder seguir o ritmo marcado pola embarcación de Nova Zelandia.
Foi precisamente Nova Zalanda a que se fixo coa medalla de ouro cun tempo de 1:32.20, con Alemaña na prata (1:32.62) e Hungría no bronce (1:32.93), mentres que a tripulación española finalizou cun rexistro de 1:34.51.
En todo caso os Xogos Olímpicos aínda non terminaron para Carolina García, que este venres 9 de agosto competirá de novo no K-2 500 xunto a Sara Ouzande, coas semifinais previstas para as 10.50 horas e en busca dun oco na gran final das 13.10 horas.
Relacionadas:
-
Pablo Crespo di adeus a París 2024 como semifinalista do C-1
Por Diego Espiño |
-
Carolina García queda sen final olímpica no K-2
Por Diego Espiño | Creada e actualizada
-
Diego Domínguez e Joan Antoni Moreno, un bronce olímpico con aroma 'meco' e forxado no CGTD
Por Diego Espiño |
-
Antía Jácome, pase directo á semifinal olímpica no C-1 200
Por Diego Espiño |
-
O pontevedrés Pablo Crespo accede ás semifinais olímpicas de C1 1000
Por Anxo Lourido |
-
A pontevedresa Antía Jácome e María Corbera pasan á semifinal olímpica en C-2 500
Por Anxo Lourido |
-
Teresa Portela participará con 42 anos nunha nova final olímpica ao clasificarse nos seus sétimos Xogos
Por Anxo Lourido |