O Cisne, obrigado a iniciar a liga en Príncipe Felipe
Por Diego Espiño
Primeiro contratempo na nova tempada do Club Cisne Balonmán, e iso que a competición está aínda lonxe de iniciarse.
O sorteo de competición da División de Honra Prata, celebrado este mércores, deparou un debut ligueiro para os pontevedreses na casa fronte ao Trops Málaga.
Sen embago o Cisne solicitara iniciar a competición como visitante ante a imposibilidade de usar o Pavillón Municipal dos Deportes o 14 e 15 de setembro, e é que a primeira xornada da División de Honra Prata coincidirá coa celebración por segundo ano consecutivo na Boa Vila do Torneo EncestaRías de Baloncesto.
A Federación alegou que debido a un erro informático non se recolleu a petición cisneísta, e a fortuna deparou un debut como local sen ter en conta esta circunstancia.
Debido a iso, confirma o Cisne, a primeira xornada de liga deberá trasladarse ao pavillón da Cidade Infantil de Príncipe Felipe.
Relacionadas:
-
André de Moura continúa no Cisne
Por Redacción |
-
Renovación dunha das grandes promesas do Cisne, o pivote Manu Lorenzo
Por Redacción |
-
O Cisne estreará a tempada 24-25 na casa contra o Trops Málaga
Por Diego Espiño |
-
Quiños seguirá a liña marcada por Jabato no Cisne co reto de lograr a "tranquilidade" dos 26 puntos
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Quiños ascende a primeiro adestrador do Cisne tras a marcha de Jabato
Por Diego Espiño |
-
O Cisne ata un dos seus homes clave, Gualther Furtado
Por Diego Espiño |
-
Jabato, dunha renovación case pechada a decidir non seguir no Cisne
Por Diego Espiño |
-
Alejandro Conde abandona o Cisne despois de "siete años maravillosos"
Por Diego Espiño |