Recepción na alcaldía a Lydia Pérez Touriño, campioa absoluta de España de loita
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido
Lydia Pérez Touriño é unha das grandes deportistas pontevedresas, despois dun magnífico ano de resultados onde se proclamou campioa nacional absoluta de España na categoría seniors de menos de 62 kg. en 2023, revalidando título e mostrando os motivos que lle levan a ser a loitadora española con maior presencia en campionatos internacionais dentro da súa categoría.
Este mércores era recibida na alcaldía do Concello de Pontevedra polo alcalde Miguel Anxo Fernández Lores e pola concelleira de Deportes, Anabel Gulías, que lle entregaron un agasallo de recoñecemento aos seus logros deportivos durante os últimos meses.
A loitadora obtiña tamén no mes de setembro o título de campioa na categoría de menos de 70 kg. nos Xogos Mediterráneos de Area e foi recoñecida como deportista de alto nivel pola Xunta de Galicia neste 2024.
Os seus próximos obxectivos, a partir deste mes de xaneiro cando se retoman as competicións, son lograr unha praza para competir nos Xogos Olímpicos de París 2024 e, en todo caso, a máis longo prazo, para a cita olímpica de Los Ángeles 2028.
A súa intención é lograr unha das dúas prazas que quedan dispoñíbles para a cita francesa. O alcalde de Pontevedra trasladoulle ánimos lembrando que a loitadora é "un referente para todas as rapazas pontevedresas".
Ademais, está a traballar para lograr a medalla de ouro no campionato europeo ou no mundial de loita que se celebran neste ano.
Lydia Pérez Touriño foi xa proclamada 19 veces campioa de España, pertence ao Club de Lucha Pontevedra, forma parte das deportistas que contan cunha bolsa do Centro Galego de Tecnificación Deportiva e estuda Ciencias da Actividade Física e do Deporte no campus pontevedrés.
Relacionadas:
-
Lydia Pérez cae en primeira rolda do preolímpico de Bakú
Por Redacción |
-
A primeira das dúas balas de Lydia Pérez cara a París 2024 pasa por Acerbaixán
Por Diego Espiño |
-
Lydia Pérez, única española no Torneo Internacional Dan Kolov en Bulgaria
Por Redacción |
-
Pontevedra avanza na organización do Mundial Sub-20 de Loitas Olímpicas
Por Redacción |
-
Lydia Pérez cae nos oitavos de final do Campionato de Europa en Bucarest
Por Diego Espiño |
-
VÍDEO.- Pontevedra presenta o vídeo prmocional do Campionato do Mundo U20 de Loita que acollerá en setembro
Por Diego Espiño |
-
Lydia Pérez cárgase de moral para o Europeo cunha prata no Flatz Open de Austria
Por Redacción |
-
Lydia Pérez, recoñecida como deportista de alto nivel pola Xunta de Galicia
Por Redacción |
-
Unha xornada de loitas olímpicas no CGTD na memoria de 'Sasha'
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
A brasileira Lais Nunes corta as ás a Lydia Pérez no Mundial de Loita
Por Diego Espiño |
-
Lydia Pérez triunfa nos Xogos do Mediterráneo de loita praia
Por Redacción |
-
Lydia Pérez revalida o seu título de campioa de España de loita
Por Diego Espiño |