Gimnástica de Torrelavega: De sorprender en Pasarón a caer en descenso e cambiar de adestrador
Por Diego Espiño
O Pontevedra Club de Fútbol visitará a próxima xornada (domingo 14, 17.00 horas), no inicio da segunda volta, a un dos únicos dous equipos da liga que conseguiu vencerlle no que vai de tempada, unha Gimnástica de Torrelavega que sorprendeu na primeira data do campionato levando os tres puntos do Estadio Municipal de Pasarón.
Prometíallas entón moi felices o conxunto cántabro, que iniciou a liga disparado sumando sete do primeiros nove puntos en xogo e mirando á zona nobre da táboa. Con todo todo cambiou despois de vencer na xornada 5 ao Marino de Luanco. Nese momento iniciou unha serie negativa que cambiou por completo o seu panorama e obxectivos.
Doce xornadas xogáronse desde aquela data e a Gimnástica só conseguiu gañar un deses partidos (o 19 de novembro fronte ao Zamora). Unha pobre bagaxe de seis puntos de 36 posibles que lle fixeron afundirse na zona de descenso con 16 puntos.
A preocupación no club de Torrelevega levou á súa directiva a apostar no parón do Nadal por un cambio de adestrador. Chegou Fran Martín tras a saída de Sergio Fernández, pero a súa primeira cita, con moitas baixas no plantel, saldouse con derrota na casa fronte ao Coruxo por 1-3.
Tras ese compromiso o reto será superar agora a un Pontevedra que tentará facer bo o empate conseguido en Vilalba.
En canto ao primeiro encontro con Fran Martín no banco ximnástico, o técnico contaba con tres ausencias na liña defensiva por lesión (Goñi, Gándara e Puras) que está aínda por ver se se poderán recuperar antes de recibir os granates, ademais de ter sancionado ao seu porteiro Jorge Mediavilla. Con ese panorama a aposta foi presentar un esquema con catro defensas, tres centrocampistas e tres atacantes no que Tobar aparecía como home máis adiantado.
En todo caso a Gimnástica verase obrigada a variar o seu once inicial contra o Pontevedra, debido a que dous xogadores ofensivos como Unai e Álex Basurto cumprirán o domingo ciclo de amoestacións e o centrocampista Josemi conta cun encontro de sanción tras ser expulsado a fin de semana.
Relacionadas:
-
Agónico triunfo do Pontevedra en Torrelavega (1-2)
Por Almu Dapena |
-
Yago Iglesias: "É o momento no que o equipo máis que nunca vai necesitar do colectivo"
Por Diego Espiño |
-
Rufo queda sen un dos seus principais rivais polo 'pichichi' da Segunda RFEF
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra retoma as visitas escolares no CEIP San Benito de Lérez
Por Redacción |
-
Mesmo árbitro para o encontro entre Gimnástica de Torrelavega e Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Os rivais do Pontevedra móvense no mercado de inverno
Por Diego Espiño |
-
Marcos Barbeiro asoma a cabeza no Pontevedra "con ganas de mostrar o meu fútbol"
Por Diego Espiño |
-
Dobre baixa por sanción no Pontevedra para o desprazamento a Torrelavega
Por Diego Espiño |
-
Yago Iglesias: "Xeramos ocasións máis que suficientes para levarnos os tres puntos"
Por Almu Dapena |
-
Asedio do Pontevedra e empate en Vilalba (1-1)
Por Almu Dapena |