Máis de noventa actividades para un último cuadrimestre "frenético" no ámbito cultural
Por Alejandro Espiño
Ciclos recoñecidos como Domingos do Principal, Ponteatro, Guerrilla, As Matinés ou Voices, xunto a Culturgal ou Novos Cinemas, formarán parte das máis de noventa actividades que integran a programación cultural do Pazo da Cultura e o Teatro Principal para o último cuadrimestre.
Haberá música, teatro, cinema, artes escénicas ou recitais poéticos, entre outros, segundo explicou este xoves o edil de Cultura, Demetrio Gómez, para que "todas as persoas atopen algo que as represente, pero tamén para que vexan a cultura con novos ollos".
"O que temos hoxe aquí é a demostración de que Pontevedra non para", sinalou o responsable municipal de Cultura durante a presentación desta programación cultural para os meses de setembro, outubro, novembro e decembro.
Toda esta programación, segundo Gómez, é posible grazas á "colaboración, esforzo, traballo e ilusión" da vintena de entidades coas que traballa o Concello "para que poidamos poñer en pé unha programación desta inmensa calidade".
A música será unha das grandes bazas para este cuadrimestre, no que actuarán Silvia Penide (23 de setembro), Mercedes Peón (7 de outubro), Rocío Márquez e Bronquío (21 de outubro), Lagartija Nick (4 de novembro) ou Morgan (27 de xaneiro).
A eles sumaranse os ciclos Músicas para reCREAr, impulsado pola Universidade de Vigo, os concertos impulsados pola Sociedade Filarmónica de Pontevedra ou os novos espectáculos de Os de Algures, Airiños de Campañó, a Banda de Música de Salcedo ou a Coral Alameda.
Notable será tamén a aposta polo teatro, cunha nova edición de Domingos do Principal, que se estreará con Ás para Álex de Baobab Teatro (15 de outubro) e concluirá con No nos moverán de Titiriteros de Binéfar (26 de novembro).
Haberá cinco espectáculos máis: Nube Nube de Periferia Teatro (22 de outubro), La fábula de la ardilla de la Badulfa (29 de outubro), Nina Ninette de Determinada Cía (5 de novembro), Hugo de Os Náufragos (12 de novembro) e Particular de Marcel Gros (19 de novembro).
Ponteatro, pola súa banda, traerá a Pontevedra ata final de ano catro obras: María Luisa de Lazona Films (19 de outubro), Arraianos de Sarabela Teatro (26 de outubro), O deus do pop de Diego Anido (9 de novembro) e A nai de Amorodio Teatro (16 de novembro).
O Teatro Principal acollerá ademais un novo ciclo teatral, a Mostra de Teatro de Barrio, cuxos detalles se presentarán mañá venres en rolda de prensa.
O ciclo Guerrilla, que se desenvolverá entre o 29 de setembro e o 8 de outubro; ou as novas edicións do desfile Debut (24 de novembro), Culturgal (do 30 de novembro ao 3 de decembro) ou do festival Novos Cinemas (do 12 ao 17 de decembro), tamén figuran entre estas actividades.
A programación do Cineclube Pontevedra, o XIX Brumario Poético da Fundación Cuña-Casasbellas ou diversos congresos sobre veterinaria, saúde emocional na infancia e ostomías completan a oferta cultural prevista polo Concello para os próximos meses.
Relacionadas:
-
Albert Plá e Guadi Galego súmanse a Morgan e Mahmood no arranque musical de 2024
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Culturgal repasará o audiovisual galego analizando os éxitos de 'O Corno' e 'Matria'
Por Redacción |
-
Música e poesía para un sábado de 'Matinés' con Lagartija Nick
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
"O sol do futuro", a última película de Nanni Moretti, chega a Pontevedra a través do Cineclube
Por Redacción |
-
Lagartija Nick e a súa homenaxe a Buñuel, o 4 de novembro nas Matinés do Principal
Por Alejandro Espiño |
-
Trangresión flamenca con Rocío Márquez e Bronquio no Pazo da Cultura
Por Cristina Saiz & Redacción |
-
"Ás para Álex" de Baobab Teatro abre este domingo o ciclo Domingos do Principal
Por Redacción |
-
Irán e Italia protagonizan a oferta do Cineclube Pontevedra para este outubro
Por Redacción |
-
Mercedes Peón: "Entendo a cultura que non se compromete. Pero non é o meu caso"
Por Alejandro Espiño |
-
Leo Bassi fai balance no Principal da súa traxectoria de 70 anos
Por Mónica Patxot & Redacción |
-
Catro xoves de teatro de "alta calidade e variedade" para unha nova edición de Ponteatro
Por Alejandro Espiño |
-
A emigración vista polo "poeta do pobo" abre o ciclo Teatro de Barrio
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
O cinema retorna á programación cultural do campus co ciclo "Limítrofes"
Por Oskar Viéitez |
-
A Guerrilla "máis extensa e ambiciosa" trae a Pontevedra a Leo Bassi, Mercedes Peón ou Olatz Gorrotxategui
Por Alejandro Espiño |
-
Teatro de Barrio, cinco espectáculos de teatro afeccionado no escenario do Principal
Por Alejandro Espiño |
-
Fin do parón estival para o Cineclube Pontevedra, que pon os seus ollos no cine iraniano
Por Redacción |
-
Morgan regresará a Pontevedra en xaneiro de 2024 para despedir a súa xira "The River Tour"
Por Alejandro Espiño |