Trangresión flamenca con Rocío Márquez e Bronquio no Pazo da Cultura
Por Cristina Saiz & Redacción
Rocío Márquez, cantaora onubense, subíase na noite deste sábado ao escenario do auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra para ofrecer un concerto no que presentou temas dun dos álbums máis aclamados pola crítica durante os últimos anos: 'Tercer cielo', un traballo que combina flamenco con tendencias modernas.
Na súa carreira colaborou con infinidade de artistas, tan prestixiosos como Jorge Drexler, Kiko Veleno, Raül Refree, Niño de Elche, Christina Rosenvinge, Alber Pla ou o propio Bronquio, con quen compartiu o escenario pontevedrés.
Bronquio, alias de Santiago Gonzalo, é outro artista cargado de enerxía escénica e que combina diferentes estilos, asentándose como produtor de música electrónica.
A exploración de atmosferas de son gustou especialmente ao reducido público que se deu cita neste novo concerto dentro do ciclo Voices.
Relacionadas:
-
Albert Plá e Guadi Galego súmanse a Morgan e Mahmood no arranque musical de 2024
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Máis de noventa actividades para un último cuadrimestre "frenético" no ámbito cultural
Por Alejandro Espiño |
-
O Ciclo Voices trae a Pontevedra o flamenco de Rocío Márquez e Bronquio
Por Redacción |