Xoel López, cómplice do "éxito rotundo" de asistencia este sábado na Festa do Marisco
Por Redacción
Milleiros de asistentes celebraron este sábado a 59 edición dunha Festa do Marisco que recuperou o aspecto prepandemia.
As carpas de degustación do marisco presentaron unha gran afluencia desde o arranque da xornada con colas desde primeira hora da mañá. Estiman desde o Concello do Grove que os 3000 asistentes chegaron de diversos puntos da comunidade e con gran afluencia de visitantes nacionais, predominando os procedentes de Madrid. Tamén se deixaron ver os primeiros turistas europeos, chegados de países como Italia, Francia e da veciña Portugal.
Un ano máis, o protagonista foi o marisco, pero máis concretamente o polbo, prato máis demandando dentro dun catálogo que inclúe empanadas, arroces ou racións de diversos mariscos.
A maiores dentro da programación, os asistentes disfrutaron das sesións de vermú pola mañá, e dos xogos tradicionais pola tarde. Tamén presentouse o libro 'Marea de encaixes', de Isabel Alonso e Mario Gallego no Auditorio Municipal. A mostra, que estará dispoñible para visitar no Auditorio ata o vindeiro día 15 de outubro, está centrada no mundo da artesanía e no encaixe de bolillos a través do fío conductor dun libro que leva o mesmo nome.
Para pechar esta xornada, a carpa de concertos acolleu os concertos de Ale e do cantautor coruñés Xoel López, que puxeron a guinda a esta 59 edición.
O alcalde, José Antonio Cacabelos, valorou moi positivamente "o regreso da normalidade a unha festa que é capaz de superar pandemias, crises e paróns" e mostrou a súa satisfacción por poder ver a O Grove "cheo de xente, ledicia e animación".
Relacionadas:
-
Degustación de peixe e marisco na Praza de Ourense
Por Alba Feijoo Alonso |
-
Tanxugueiras, tras a súa foliada na Festa do Marisco: "Imos a levar este concerto no corazón para sempre"
Por Alejandro Espiño |
-
Unha fin de semana de récord na Festa do Marisco
Por Redacción |
-
Comensais chegados de toda Galicia e do estranxeiro rendéronse ante o arroz de marisco e o polbo á feira
Por Redacción |
-
O Grove inaugura a edición número 59 da Festa do Marisco
Por Redacción |
-
Conta atrás para a primeira Festa do Marisco pospandemia
Por Redacción |