Degustación de peixe e marisco na Praza de Ourense
Este luns 20 de marzo, Luís López, o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, presenta a campaña promocional 'Galicia sabe aMar' impulsada pola Consellería do Mar na Praza de Ourense.
López animou a consumir os peixes e mariscos de Galicia nas xornadas do trinque da foodtruck da campaña promocional. O representante autonómico comenta que "son os mellores do mundo por calidade, variedade e frescura e porque permiten ter unha alimentación saudable".
O delegado territorial comenta que esta campaña a parte de promocionar o produto galego tamén rende homenaxe aos traballadores que forman parte da cadea mar-industria.
A iniciativa para publicitar o produto das rías galegas estará dispoñible ata este mércores 22 de marzo. Os tres días será na Praza de Ourense e trátase dunha degustación gratuíta do produto, tanto de mañá como de tarde.
Esta campaña leva varias semanas recorrendo diferentes puntos da xeografía galega e seguirá ata chegar aos 260 concellos de toda España vinculados ao Camiño de Santiago.
Relacionadas:
-
Etiqueta Negra quenta fogóns cunha maridaxe de produtos galegos con cervexa
Por María José Pita |
-
Unha fin de semana de récord na Festa do Marisco
Por Redacción |
-
Comensais chegados de toda Galicia e do estranxeiro rendéronse ante o arroz de marisco e o polbo á feira
Por Redacción |
-
Xoel López, cómplice do "éxito rotundo" de asistencia este sábado na Festa do Marisco
Por Redacción |