As Rías Baixas recuperan os seus festivais

Por Manu Otero

© Mónica Patxot

© Mónica Patxot

© Mónica Patxot
Os xardíns do Pazo Provincial da Deputación de Pontevedra acolleron este martes a presentación da edición do 2021 do Rías Baixas Fest, un programa cultural que engloba aos sete festivais de verán que se realizan en diferentes concellos da provincia e que, despois dun 2020 no que a pandemia impediu a súa celebración con normalidade, regresan para recuperar a " ledicia" tanto da industria musical galega como de todos os asistentes.
O pano festivalero levantarase o 12 de xullo co inicio do Atlantic Fest en Vilagarcía. Ata o 24 de xullo actuarán no recinto arousán artistas da talla de Zahara, Sodinbie, Lorie Meyers, A habitación vermella, Dorian ou Ortiga, entre moitos outros.
De forma paralela, na ría de Vigo celebrarase o Vive Nigrán entre o 15 e o 17 de xullo, mes que se pechará en Redondela coa celebración do Sinsal desde o día 23 ao 25.
En agosto, Bueu recupera, despois do parón pola pandemia, a celebración do Sonrías. Entre o 3 e o 8 de agosto actuarán no municipio morracense artistas como Kase O, La Pegatina, Sés ou A M.O.D.A. Do 6 ao 8, en Vigo, celebrarase unha nova edición do Marisquiño.
Xa no mes de setembro, para despedir o verán, Vilaxoán acollerá unha nova edición do festival Revenidas do 9 ao 13.
No calendario só falta o festival Portamérica de Caldas de Reis, cuxos organizadores estudan aínda a posibilidade de realizar algún tipo de celebración que permita manter o espírito dun evento que axunta música, gastronomía e natureza. Con todo, non será ata o ano 2022 cando se celebre, se a situación o permite, con plena normalidade o seu décimo aniversario, aprazado no 2020 pola pandemia.
A nova cantautora Leticia Rey foi a encargada de poñer a nota musical á presentación destes festivais que suman xa cinco anos baixo o paraugas da Deputación de Pontevedra e de márcaa Rías Baixas Fest.
A presidenta da Deputación, Carmela Silva, mostrouse moi "emocionada" por poder presentar, despois dun ano 2020 "horrible", o calendario de festivais deste verán. Despois de agradecer aos actores da industria musical pontevedresa "a gran idea" de englobar nun só produto todos os festivais que se fan na provincia, Silva, felicitounos pola súa "capacidade de reinventarse" e porque este tipo de eventos contribúen a potenciar a "cultura, música, gastronomía e ou territorio".
Relacionadas:
-
PortAmérica: Origen e Son Rías Baixas, finalistas ao mellor festival nos Iberian Festival Awards
Por Alejandro Espiño |
-
Público de pé e oito 'sectores burbulla': Así será o PortAmérica da (case) normalidade
Por Alejandro Espiño |
-
PortAmérica volve á súa "orixe" con Vetusta Morla e o 'reencontro' de Xoel López con Deluxe
Por Alejandro Espiño |
-
Comezou o SonRías Baixas, que este mércores acolle a Tu Otra Bonita e Ciudad Jara
Por Redacción |
-
Seis xornadas de música para un SonRías Baixas que se reivindica como cita indispensable do verán
Por Redacción |
-
Os Rías Baixas Fest pasan ao formato audiovisual para combater as violencias machistas
Por Natalia Puga |
-
O festival Revenidas pon á venda as súas entradas
Por Redacción |
-
Todo preparado en Vilagarcía para os trece días de Atlantic Fest
Por Alejandro Espiño |
-
Tanxugueiras, Verto, Boyanka Kostova, Guadi Galego e Los Rastreadores dan lustre ao cartel do Revenidas
Por Redacción |
-
O festival Revenidas celebrarase do 9 ao 12 de setembro en Vilaxoán
Por Redacción |
-
Kase.O, La Pegatina, Sés ou La M.O.D.A., nun SonRías Baixas que volve do 3 ao 8 de agosto
Por Alejandro Espiño |