O festival Revenidas celebrarase do 9 ao 12 de setembro en Vilaxoán
Por Redacción
O festival Revenidas celebrarase os próximos 9, 10, 11 e 12 de setembro en Vilaxoán. A cita volverá combinar actividades para todos os públicos con concertos (o cartel farase oficial a próxima semana), música a bordo de embarcacións tradicionais e distintas actividades gastronómicas e interdisciplinarias ligadas ao territorio e á cultura mariñeira da zona e das Rías Baixas.
As persoas que, ao ter o seu abono comprado para a pasada edición e que quixeran gardalo para asistir nesta ao festival terán preferencia para canxealo automaticamente como premio á súa fidelidade.
No caso de querer solicitar a devolución do seu importe, tamén será posible. A plataforma de venda contactará con todas as persoas compradoras para facilitarlles máis información e que poidan escoller a opción que mellor lles conveña.
Desde a organización agradecen o compromiso e colaboración do público, artistas e traballadores, así como o apoio de patrocinadores e institucións como o Concello de Vilagarcía, a Deputación ou Turismo Rías Baixas para poder facer realidade este espectáculo.
Relacionadas:
-
O festival Revenidas pon á venda as súas entradas
Por Redacción |
-
Tanxugueiras, Verto, Boyanka Kostova, Guadi Galego e Los Rastreadores dan lustre ao cartel do Revenidas
Por Redacción |
-
As Rías Baixas recuperan os seus festivais
Por Manu Otero |
-
Revenidas anuncia nova edición para setembro de 2021 e celébrao con tres showcookings
Por Alejandro Espiño |