Todo preparado en Vilagarcía para os trece días de Atlantic Fest

Por Alejandro Espiño
En apenas tres días arrancará as primeiro Rías Baixas Fest da tempada. Trátase do Atlantic Fest, que se celebrará en Vilagarcía entre os días 12 e 24 de xullo. Trece días de música nos que se ofrecerán ao público preto dunha vintena de concertos.
Lori Meyers, León Benavente, Dorian, La Habitación Roja, Zahara, Sidonie, Depedro ou Annie B. Sweet serán algunhas das bandas e artistas que actuarán nesta edición estendida do festival, que terá o seu escenario principal na praia da Concha.
Atlantic Fest aposta por un formato "desconcentrado", con catro escenarios repartidos por diferentes localizacións de Vilagarcía, aforos reducidos e público sentado, para adaptarse aos protocolos deseñados como consecuencia da pandemia da covid-19.
No auditorio municipal de Vilagarcía estará en escenario Xacobeo 21-22, por onde pasarán La Habitación Roja (día 13), María José Llergo (día 14), Derby Motoreta's Burrito Kachimba (día 20), Annie B. Sweet (día 21) e Rufus T. Firefly (día 22).
Ao escenario Vibra Mahou, que estará na praia da Concha, subirán Zahara (día 15), Dorian (día 16), Depedro e León Benavente (día 17), Sidonie e Lori Meyers (día 18).
No piñeiral da praia da Concha, pola súa banda, actuarán Ortiga (día 12), Chucho (día 19) e Kings of The Beach, Mounqup e Second (día 24); mentres que Verto e Johny B. Zero (día 23) serán os artistas que estarán no escenario da Praza da Peixería.
Relacionadas:
-
Os Rías Baixas Fest pasan ao formato audiovisual para combater as violencias machistas
Por Natalia Puga |
-
As Rías Baixas recuperan os seus festivais
Por Manu Otero |
-
Second, Kings of the Beach e Mounqup porán o broche de oro ao Atlantic Fest
Por Alejandro Espiño |
-
Novas incorporacións ao cartel do 'Atlantic Fest' 2021: Depedro e Johnny B. Zero
Por Redacción |
-
Trece días de festival en 'pequenas doses', aposta do Atlantic Fest para 2021
Por Alejandro Espiño |