Comezou o SonRías Baixas, que este mércores acolle a Tu Otra Bonita e Ciudad Jara
Por Redacción
A choiva apareceu no arranque do SonRías Baixas 2021, durante a noite deste martes 3 de agosto nos concertos de TéCanela e Sés. Numeroso público cumprindo coas medidas de restrición sanitarias acudía a esta primeira cita deste festival que se desenvolve ata o domingo 8 en Bueu.
TéCanela, formado por Ariadna Rubio e Jano Fernández, mostraron a súa ironía sobre o escenario coa súa combinación de ritmos e diversión nunha xornada cun cartel que completaba Sés, unha das artistas galegas con máis repercusión na actualidade e que destaca pola súa enerxía e as súas denuncias sociais con letras comprometidas.
Este mércores 4, ás 21.00 horas subiranse ao escenario Tu Otra Bonita, que presentará o seu cuarto traballo discográfico, que leva por título 'Crema'. A banda madrileña ofrece unha fusión de estilos que vai desde o indie ata a rumba.
A partir das 22.30 horas, Ciudad Jara, o novo proxecto de Pablo Sánchez ofrecerá ao público o seu álbum cargado de rock e pop elegante nun formato acústico.
Segundo a organización, aínda quedan entradas dispoñibles para os concertos desta segunda xornada do SonRías Baixas do mesmo xeito que para este xoves 5 cando Iseo & Dodosound e Travis Birds serán os protagonistas musicais da noite. Para as actuacións do venres 6 da M.O.D.A. e Sabela e para o sábado 7, con Kase.O e SonDaRúa, as entradas xa están esgotadas.
O ciclo péchase o domingo 8 con Muerdo e La Pegatina, concertos para os que aínda hai entradas dispoñibles.
Relacionadas:
-
O SonRías Baixas 2021 vive o seu momento álxido co rap de Kase.O e SonDaRúa
Por Redacción |
-
Tu Otra Bonita e Ciudad Jara moven o público do Sonrías Baixas en Bueu
Por Redacción |
-
Seis xornadas de música para un SonRías Baixas que se reivindica como cita indispensable do verán
Por Redacción |
-
Os Rías Baixas Fest pasan ao formato audiovisual para combater as violencias machistas
Por Natalia Puga |
-
As Rías Baixas recuperan os seus festivais
Por Manu Otero |
-
Kase.O, La Pegatina, Sés ou La M.O.D.A., nun SonRías Baixas que volve do 3 ao 8 de agosto
Por Alejandro Espiño |