Presentado o programa de festas de Carballedo
Por Redacción
O alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, o tenente de alcalde Fernando Vázquez e os mordomos das Festas de Carballedo na honra de San Roque e San Antón presentaron este venres o amplo progama de actividades previsto para esta celebración parroquial que terá lugar os días 20 e 21 de agosto.
O programa festivo arrancará á mañá cedo cun pasarrúas a cargo da Banda de Música de Cerdedo e Os Afoutes do Canón de Pau, que tamén acompañará á procesión e ofrecerá un concerto ao remate dos actos relixiosos.
A misa solemne na honra de San Roque celebrarase ás 13 horas do mediodía e estara acompañada polas voces da Coral Polifónica de Campo Lameiro. Ao remate será a tradicional procesión e, pola noite, haberá verbena que estará amenizada pola orquestra Saudade e Discotecas Móbiles Dolce Vita.
A xornada do luns 21 de agosto dará comezo cun pasarrúas a cargo da Banda de Música Unión Musical de Tenorio, que tamén acompañará á procesión e ofrecerá un concerto ao mediodía. Ás 13 horas terá lugar a misa solemne na honra de San Antón, cantada pola Coral Polifónica de Campo Lameiro e, ao rematar a Concello de Cerdedo-Cotobade procesión terá lugar a entrega do ramo dos mordomos saíntes, os matrimonios formados por Rogelio Cuiñas Domínguez e Patricia Justo Vázquez, e Marcos Cuíñas Domínguez e Berta Leal Lavía; e aos entrantes formados por Sofía Villaverde Rodríguez e José Ángel Sousa Pereira, e Maruxa Cabaleiro Cuiñas e Miguel Vilas Aguete, que serán os encargados de organizar os festexos do vindeiro ano.
Pola súa banda, o alcalde Jorge Cubela felicitou aos mordomos saíntes polo traballo feito e animou aos entrantes a que teñan as mellores das sortes posibles para poder levar a cabo un bo programa de festas que sexa do agrado de veciños e visitantes.
Relacionadas:
-
Unha trintena de cociñeiros e cociñeiras exaltarán a Filloa de Valongo
Por Redacción |
-
Carlos Núñez regresa a Cerdedo-Cotobade na súa procura de "lugares máxicos"
Por Redacción |
-
Festas en Carballedo na honra de San Miguel e cun xantar de confraternidade veciñal
Por Redacción |
-
A Festa do Petote quenta motores con máis de medio milleiro de reservas feitas
Por Redacción |