Unha trintena de cociñeiros e cociñeiras exaltarán a Filloa de Valongo
Por Redacción
Preto de trinta cociñeiros e cociñeiras participarán no certame culinario co que se celebrará a edición número 45 da Festa da Filloa de Valongo. Será este sábado 2 de setembro.
A elaboración das prestixiosas filloas de Valongo comenzará ás 18:30 horas. O doce poñerase á venda por un prezo de 10 euros a ducia na carpa habilitada no campo das festas.
A música que amenizará esta festa correrá a cargo da Charanga MIL9 (19:00 horas) e pola noite, a partir das 22:30 horas, terá lugar a verbena amenizada pola orquestra Favorita e o grupo Distrito 7. Ás 23:55 horas haberá unha tirada de fogos de lucería.
O domingo 3 de setembro será o día dedicado á entrega de trofeos da XLV Festa da Filloa de Valongo, coa entrega que terá lugar a partir das 12 do mediodía. Media hora máis tarde fará entrada a Banda de Gaitas Foula e ás 13:15 horas terá lugar a misa solemne e a procesión.
Todo este programa festivo, que tamén homenaxea á Virxe do Libramento, arrancará xa o venres 1 de setembro, a partir das 21 horas, cunha gran churrascada amenizada por Son das Tabernas e o grupo musical 3.COM.
A Festa da Filloa de Valongo é unha das máis antigas da comarca e ten máis que consolidada a súa continuidade, segundo destacan desde o Concello, grazas á colaboración e incorporación de xente moza "que fai que esta festa gastronómica teña garantido un gran futuro por diante".