A Festa do Petote quenta motores con máis de medio milleiro de reservas feitas
Por Redacción
A Festa do Petote regresa este domingo a Cerdedo-Cotobade e, horas antes, todo está xa preparado e prevese que sexa un éxito. De momento, será un éxito de participación, pois máis de medio milleiro de persoas xa fixeron efectiva a reserva nalgún dos 12 establecementos hostaleiros que participan nesta XII edición.
O certame gastronómico organizado polo Concello de Cerdedo-Cotobade recupera o seu formato coa degustación popular do petote en Carballedo, como localidade central da celebración, e un xantar a base do cocido espallada polos doce establecementos hostaleiros que se quixeron adherir a esta festa.
A festa será a partir das 11:30 horas deste domingo. Iniciará cun pasarrúas a cargo da charanga ‘Mekanika Rolling Band’ e a partir das 12:30 horas será o momento da degustación na Praza d aChan, en Carballedo.
No caso en que as condicións meteorolóxicas non sexan as axeitadas, a degustación -que será de balde- realizarase debaixo dunha carpa.
Como principal novidade, esta edición contará cunha exposición de produtos galegos tradicionais e típicos deste concello, entre eles, o mel ou o grelo.
A Festa do Petote continúa nos 12 restaurantes que colaboran nesta edición. O alcalde, Jorge Cubela, destaca que estes locais son "a alma mater desta festa" e tamén protagonistas da reactivación social e festivo no municipio.
Na festas colaboran: Casa Inés (Carballedo-986 760 003), A de Tucho (Augasantas-670 971 785), Casa Blanco (Rebordelo-645 922 995), A Vosa Taberna (Borela-986 763 126), O Novo Chiringuito (Valongo-680 344 004), Casa Perdiz (Aguasantas-986 696075), Bar Obelix (Tenorio-986 061 000), Café Bar Tenorio (Tenorio-986 764 090), A Casa de Ángel (Tenorio-674 404 506), O Castiñeiro (Pedre-670 434 498), Bar Davi (Quireza-606 774 141) e O Meu Lar (Cerdedo-687 393 141).
Relacionadas:
-
Presentado o programa de festas de Carballedo
Por Redacción |
-
A Festa do Petote cumpre "sobradamente" cos seus obxectivos e enche Cerdedo-Cotobade de "seguidores incondicionais"
Por Redacción |
-
Prevista a instalación dunha carpa xigante na Festa do Petote ante a previsión de chuvia
-
A parroquia de Aguasantas anuncia o programa das festas patronais
Por Redacción |
-
Unha piñata e unha merenda abren as festas de Pedre na honra de San Esteban e o Santísimo
Por Redacción |
-
A Festa do Petote colga o cartel de 'completo' no seu regreso post covid-19
Por Redacción |
-
Gran resposta da hostalería local para afianzar a festa do Petote
Por Redacción |
-
Cerdedo-Cotobade recupera a tradicional festa gastronómica do Petote
Por Redacción |