A parroquia de Aguasantas anuncia o programa das festas patronais
Por Redacción
O alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, e membros da Comisión de Festas presentaron a programación festiva da parroquia de Aguasantas na honra da Nosa Señora, patroa do Concello de Cerdedo-Cotobade, que se celebrarán os días 6, 7 e 8 de setembro e que contarán cun novo aparcadoiro.
Este novo aparcadoiro, ubicado na parte posterior do local social da veciñanza de Aguasantas, foi realizado polo Concello de Cerdedo-Cotobade a través dunha petición da Comisión de Festas que consideraba necesario acondicionar este espazo para acoller os numerosos vehículos que se dan cita durante as festas patronais e tamén para darlle maior funcionalidade a este lugar de convivencia veciñal. O aparcadoiro está realizado a base da aportación de xabre compactado.
PROGRAMA DE FESTAS
As celebracións na honra da Nosa Señora da Aguasantas iniciaranse o martes 6 de setembro, ás 21 horas, coa festa dos emigrantes onde terá lugar a tradicional churrascada amenizada pola Charanga Charandonga e o trío Tic Tac.
O mércores 7 de setembro terá lugar pola mañá o pasacalle a cargo da Banda de Música Unión Musical de Tenorio. Ás 12:30 horas comezará a misa cantada polo coro Agua Viva de Aguasantas, seguida de procesión acompañada pola citada banda que protagonizará a sesión vermú. Ás 19 horas rezarase o rosario na Capela de Penelas e ás 22:30 horas comezará a verbena amenizada polas orquestras Marbella e Magos.
O xoves 8 de setembro haberá dianas e alboradas a cargo da Banda de Música Municipal de Redondela. Ás 11:45 horas terá lugar a misa solemne acompañada polo coro Agua Viva de Aguasantas, seguida de procesión amenizada pola citada banda que también protagonizará a sesión vermú. Ás 22:30 horas a orquestra La Ocaband e o trío 3.COM protagonizarán a verbena.
Relacionadas:
-
Festas en Carballedo na honra de San Miguel e cun xantar de confraternidade veciñal
Por Redacción |
-
Festas en Corredoira na honra da Virxe das Dores
Por Redacción |
-
Cinco restaurantes marinenses exaltarán a raia esta fin de semana
Por Oskar Viéitez |
-
Unha verbena a cuberto, grande atractivo en Filgueira para as Festas dos Remedios
Por Redacción |
-
Filloas suculentas alborozan en Valongo
Por Redacción |
-
A Festa do Petote quenta motores con máis de medio milleiro de reservas feitas
Por Redacción |