Combarro celebra unha nova Semana Cultural e Festiva do San Roque
Por Redacción
Combarro acolle desde este venres, 11 de agosto, a celebración da 41 Semana Cultural e Festiva do San Roque, que se extenderá ata o domingo 20 de agosto.
Este mércores o alcalde de Poio, Ángel Moldes, e representantes do Ateneo Corredoira Combarro presentaron a programación, que arranca este venres, ás 21.00 horas coa apertura da Semana Cultural, a lectura do pregón a cargo de Francisco Javier Calvo Treinta e a entrega de distincións Mexillón de Ouro, todo na Praza de San Roque.
Ese mesmo venres inaugurarase a exposición do pintor Rafael Jiménez Ambel e a mostra fotográfica 'Recordos do Pasado' na Escola de Campo. O día remata coa música do grupo Rever e unha queimada popular.
Xa o sábado 12, para os máis pequenos haberá animación infantil con Fanfarria Furruxa, mentres que ás 22.00 horas será o concerto de Blue Merrow na Praza da Rualeira.
O domingo 13 veciños e visitantes poderán gozar da sesión vermut ás 13.00 horas na Rualeira, amenizada polo grupo Four Passengers. Pola tarde a animación nas rúas correrá a cargo da agrupación de gaitas e danza O son da pedra Meiga e ás 22.30 celebrarase unha festa na Praza da Chousa coa orquestra Ritmo Joven.
A semana comezará o luns e martes coa Festa do Mexillón, tamén na Praza da Chousa, con degustación de diferentes variedades, desde empanada, en escabeche, ao vapor, tigre ou vinagreta. O luns pola noite, ás 22.00 horas, a banda de rock, blues e fusion Mr River ofrecerá un concerto na carpa de degustación. O martes, a música correrá a cargo de Ricardo Parada, ás 13.30 na Praza da Chousa, e ás 21.20 horas actuará a Banda de Música Airiños do Morrazo na carpa de degustación.
A Festa do Can celébrase o xoves 17, co ventrílocuo Al Guanella en 'Conversas con Tana' ás 20.00 horas. Ás 21.00 horas será a Festa do Can acompañado polo grupo de gaitas Vides Novas e ás 23.00 horas rematará o día cun concerto na Praza de San Roque coa música do artista Raúl e Cía.
Xa o vernes 18, ás 20.30 horas haberá maxia e humor con 'Charly Baun e a fábrica de soños', e ás 21.30 horas o teatro musical de 'Os Catro Ventos' coa obra 'Noutrora', na Praza da Chousa.
O sábado 19 haberá sesión vermú co grupo Blue Monday ás 13.00 horas. O Ultrafónicos Band ofrecerán un concerto ás 22.00 horas , todo na Praza da Ruleira.
A semana cultural e festiva chegará ao seu fin o domingo 20, cunha sesión vermú ás 13.00 horas amenizada polo grupo Gravity tamén na Praza da Ruleira. Os máis pequenos poderán gozar da Festa da Escuma ás 18.00 horas na Praza da Chouza e, por último, ás 20.30 horas será a quenda dos Cantos de Taberna coas agrupacións Cantanascroas, Madialeva e Os Chispas de Lérez.
Relacionadas:
-
A Festa do Mar inclúe o espectáculo Los Gabytos, un tributo a Michael Jackson e o concerto de Roi Casal
Por Oskar Viéitez |
-
A Festa do Mar de Combarro, un evento con "espírito mariñeiro"
Por Redacción |
-
Almofrei, Loureiro e Pazos de Borela estarán de festa a fin de semana
Por Redacción |
-
Éxito das ludotecas de verán
Por Oskar Viéitez |
-
Sara Carbonero goza de Combarro e do Salnés
Por Redacción |