A Festa do Mar de Combarro, un evento con "espírito mariñeiro"
Por Redacción
Recuperar o "espírito mariñeiro" dos seus primeiros anos é o obxectivo do Concello de Poio para a nova edición da Festa do Mar de Combarro, que se celebrará entre o xoves 25 e o domingo 27 de agosto.
O evento foi presentado este venres "nun dous moitos barcos que saen a faenar desde o noso concello. Porque Poio e Combarro son mar", explicou o alcalde, Ángel Moldes.
A Praza da Chousa será o centro das celebracións, en primeiro lugar cunha carpa gastronómica onde sábado e domingo estarán instaladas unhas 'food trucks' da Consellería do Mar para poder degustar produtos do mar, aínda que as comidas resérvanse para os locais de hostalería de Combarro, que contarán con menús específicos.
A tradición mariñeira terá ademais o seu protagonismo cun encontro de embarcacións que se celebrará entre o mércores e o domingo.
Todo iso amenizado coa parte musical da festa, na que destaca o concerto previsto por Roi Casal o sábado 19 (0.30 horas) tras a recuperada tirada de fogos artificiais. Ademais haberá sesións vermú ás 13.30 horas e citas como as actuacións da orquestra Kubo o xoves (23.00 horas); o venres a Mostra da Canción Mariñeira (21.30) e un tributo a Michael Jackson (23.30); o sábado un concerto de Os Carunchos (22.30 horas) ademais do mencionado de Roi Casal: e o domingo de novo a Canción Mariñeira (20.30) xunto coa verbena da orquestra América (23.00).
Relacionadas:
-
O primeiro vermú mariñeiro da Festa do Mar de Combarro foi "un éxito"
Por Redacción |
-
Comeza a Festa do Mar en Combarro
Por Oskar Viéitez |
-
A Festa do Mar inclúe o espectáculo Los Gabytos, un tributo a Michael Jackson e o concerto de Roi Casal
Por Oskar Viéitez |
-
Combarro celebra unha nova Semana Cultural e Festiva do San Roque
Por Redacción |
-
Combarro acollerá o espectáculo de Kubo, a orquestra co camión-escenario máis grande de Europa
Por Redacción |