Sara Carbonero goza de Combarro e do Salnés
Por Redacción
A xornalista Sara Carbonero está a publicar durante estes días baixo os cancelos #verán2023 #deaquíparaallá de Instagram a súa estancia nas Rías Baixas.
Durante a xornada do sábado visitaba Combarro, en Poio, e ofrecía varias imaxes na súa conta desta contorna turística.
O motivo da súa estancia atópase motivado polo concerto de Colectivo Panamera en El Náutico de San Vicente. A presentadora televisiva mantén un relación con Nacho Taboada, vocalista da agrupación.
Días atrás, tamén acudiu a unha sesión dos Xoves de Códax, en Cambados, a un concerto do grupo madrileño, especialista en cumbias, e de Pablo Lesuit.
A súa presenza no Grove non pasa desapercibida e a propia Sara Carbonero publicou fotografías dentro da sala de concertos de El Náutico, propiedade de Miguel de la Cierva.