Instalan o caixón que permitirá retirar o transformador de Fenosa do colexio de Barcelos
Por Redacción
Unha envolvente prefabricada rodeará o transformación de Fenosa que hai na Praza de Barcelos, tras ser retirado do colexio e situado baixo terra.
A obra civil que permitirá esta operación xa comezou e ten un orzamento de 176.714 euros.
A primeira fase para o traslado do transformador foi a apertura dunha gavia de 8 metros de longo por catro de ancho e a instalación deste elemento prefabricado ao que se trasladará todo o sistema eléctrico que abastece ao centro de ensino pero tamén a esa parte da cidade.
A estrutura está situada entre a praza e o centro de ensino por recomendación técnica.
O traslado do transformador do CEIP de Barcelos foi incluído dentro da reforma da praza de Barcelos como mellora da obra aproveitando a retirada e colocación das novas tubaxes para os servizos soterrados da praza e das vivendas.
Na actualidade, a empresa adxudicataria xa ten instaladas todas as novas tubaxes no lateral da praza e iniciará a creación das novas beirarrúas.
O ámbito de actuación desta fase é de 7.768,44 metros cadrados e toda a obra de reforma ten un orzamento de 1,94 millóns de euros.
Relacionadas:
-
O Concello cede as novas instalacións a Fenosa para que traslade o transformador do colexio de Barcelos
Por Oskar Viéitez |
-
A aparición de gretas obriga a demoler o ximnasio do colexio de Barcelos
Por Alejandro Espiño |
-
A reforma das vías perimetrais de Barcelos estará rematada antes do próximo verán
Por Alejandro Espiño |
-
Peche de tráfico na Rúa Rouco durante o martes e o mércores desta semana
Por Redacción |
-
Comezan as obras nas vías perimetrais de Barcelos, que durarán un ano
Por Oskar Viéitez |
-
O transformador de Barcelos cambiará de sitio coa reforma perimetral da praza
Por Alejandro Espiño |
-
A reforma de Barcelos comezará polo vial de circulación perimetral
Por Alejandro Espiño |