Iniciadas as obras de sostemento da Escola Infantil da Parda
Por Redacción
O concelleiro de Educación, Demetrio Gómez, confirmou o inicio das obras de sostemento na Escola Infantil da Parda por parte do Concello de Pontevedra.
"Para o Concello os centros educativos son unha absoluta prioridade dentro das nosas competencias, por iso unha das primeiras medidas deste Goberno foi pasar a Escola Infantil da Parda da área de Servizos Sociais á concellaría de Educación e traballar coordinadamente co resto de etapas educativas", indicou.
O edil explica que unha das obras de sostemento de centros públicos é a do nomeado centro, e que consiste nunha mellora do peche perimetral do patio deste edificio, e mellorar as condicións nas que se atopa na actualidade.
"Facémolo a través dun trámite de emerxencia pois era perentorio resolvelo, mais non é a única necesidade que ten a escola a nivel de sostemento", explicou Gómez Xunqueira.
"É lóxico que haxa máis. As escolas son usadas todos os días e precisan reparacións. Estamos e quedamos en contacto coa directiva do centro xunto coa ANPA e definir, de xeito conxunto, entre as tres partes cales son seguintes pasos que hai que dar para executalos coa maior das urxencias".
Relacionadas:
-
Comezan as obras de emerxencia na Escola Infantil da Parda
Por Redacción |
-
A ampliación do Carlos Oroza e a rehabilitación do Valle-Inclán centran o investimento de Educación para a reforma de centros educativos na provincia
Por Manu Otero |
-
Man de pintura para os farois e para a sinalización horizontal da cidade
Por Redacción |
-
Familias da escola infantil da Parda colocan teas para dar sombra ao patio
Por Redacción |
-
Comezan os traballos de reposición da tarima da escola infantil da Parda
Por Redacción |
-
Denuncian que a escola infantil da Parda "está caendo a cachos" e que a situación "cada vez vai a peor"
Por Alejandro Espiño |