Comezan as obras de emerxencia na Escola Infantil da Parda
Por Redacción
Operarios de Construciciones Ramírez iniciaron este venres 12 as obras de emerxencia previstas na Escola Infantil da Parda.
Trátase duns traballos demandados con insistencia pola comunidade escolar ante as deficiencias que presenta o centro, provocadas polos últimos temporais que, segundo o Concello de Pontevedra, causaron movementos de terras e de materiais.
A situación levou a que quedasen osbtruidas as canalizacións para evacuar as augas pluviais, de tal maneira que apareceron filtracións no interior e levantouse o pavimento de madeira.
O Concello de Pontevedra financia a obra cun custo de 177.000 euros.
Está previsto o arranxo do perímetro do patio exterior e da zona de pendente da entrada ao centro.
Tamén se instalará un sumidoiro de recollida de pluviais e un canlón de drenaxe. Tamén se repararán todos os pavimentos que sufriron danos durante os últimos meses.