Preto de mil persoas apúntanse para celebrar o San Xoán con churrasco e sardiñas no pavillón de Cerdedo
Por Redacción
Preto de mil persoas retiraron outros tantos tíckets que lle dan dereito a degustar churrasco de porco celta, sardiñas, pan e viño na festa que terá lugar no pavillón de deportes de Cerdedo este venres á noite para celebrar a tradicional noite de San Xoán.
Por outra banda, un total de 31 persoas solicitaron autorización para levar a cabo fogueiras públicas e privadas durante a noite de San Xoán que deberán cumprir cunhas medidas de seguridade para evitar accidentes e que se produza nengún percance.
O alcalde do Concello de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, decidiu manter este ano a celebración do San Xoán ao pavillón municipal de Deportes de Cerdedo para evitar calquera ameaza de choiva que poidera arruinar este evento festivo e gastronómico que se atopa xa moi consolidado entre a veciñanza.
A festas do San Xoán de Cerdedo comezará o venres 23 de xuño a partir das 21:30 horas no pavillón municipal de deportes onde as persoas que retiraran o ticket de 5 euros terán dereito a comer churrasco de porco celta, sardiñas, pan e viño. A partir das 00:00 horas da noite procederase a prender a fogueira. A animación musical da festa correrá a cargo de Disco Móvil "On by Chito".
Ademais, haberá unha caseta da Indicación Xeográfica Protexida polo que os asistentes a esta festa poderán mercar todo tipo de produtos.
Relacionadas:
-
Multitudinaria sardiñada no pavillón de Cerdedo para festexar San Xoán
Por Redacción |
-
Meigas fóra! San Xoán cumpre coa súa tradición nunha noite máxica de lume, sardiñas... e celebración
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
Concedidos 231 permisos para a celebración das fogueiras de San Xoán en Sanxenxo
Por Redacción |
-
O San Xoán de Poio silenciará durante unha hora as atraccións de feira para adaptalas ás persoas con autismo
Por Oskar Viéitez |
-
21 autorizacións concedidas para facer cachadas nas praias de Vilagarcía este San Xoán
Por Redacción |
-
Ángeles Vázquez fai un chamamento para manter as praias limpas de residuos na celebración do San Xoán
Por Oskar Viéitez |
-
Na noite de San Xoán arderán en Marín 11 fogueiras públicas e 127 en espazos privados
Por Oskar Viéitez |