Na noite de San Xoán arderán en Marín 11 fogueiras públicas e 127 en espazos privados
Por Oskar Viéitez
A noite de San Xoán brilarán en Marín case 140 fogueiras en Marín. Segundo informou este martes o Concello, solicitáronse 127 fogueiras privadas e 11 públicas.
As "públicas" estarán colocadas en: Cantodarea (Praza do Regueiro), Searas (Loira), Casal (San Xulián), Lavadoiro de Loira, pista da Virxe do Carme (Barriada de Suboficiais), baixada ao pavillón do Sequelo, A Grela (San Xulián), entorno do Cemiterio de Mogor, Souto da Moreira (San Xulián) e na subida ao Lavadoiro da Grela (San Xulián).
En canto ás normas de obrigado cumprimento, o Concello lembra que está prohibido levar a cabo cacharelas sobre as vías públicas pavimentadas, xardíns ou zonas verdes, baixo tendidos eléctricos e telefónicos. As cacharelas terán que gardar unha separación mínima de 12 metros lineais coa vexetación, casas e edificios máis cercanos. A súa altura máxima será de 14 metros e o diámetro da zona de combustión de 6 metros de ancho.
Para a combustión só poderán emplearse leña, ramas, troncos de árbores ou calquera material de madeira. As persoas que asistan á festa, non se poderán situar nunha área de diámetro similar á altura do pau central da cacharela.
Queda prohibido facer cacharelas na praia.
Relacionadas:
-
Meigas fóra! San Xoán cumpre coa súa tradición nunha noite máxica de lume, sardiñas... e celebración
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
Preto de mil persoas apúntanse para celebrar o San Xoán con churrasco e sardiñas no pavillón de Cerdedo
Por Redacción |
-
Concedidos 231 permisos para a celebración das fogueiras de San Xoán en Sanxenxo
Por Redacción |
-
Ángeles Vázquez fai un chamamento para manter as praias limpas de residuos na celebración do San Xoán
Por Oskar Viéitez |
-
A capital recibe 142 comunicacións de fogueiras na noite de San Xoán
Por Oskar Viéitez |
-
Cacharelas, sardiñas e verbenas para celebrar o San Xoán en Poio
Por Redacción |