Cacharelas, sardiñas e verbenas para celebrar o San Xoán en Poio
Por Redacción
O Concello de Poio deu a coñecer este martes o contido da programación das Festas de San Xoán, que, como xa é habitual, terán lugar entre os días 22 e 26 de xuño.
O inicio dos festexos terá lugar o xoves 22, ás 20.30 horas, coa interpretación da Danza de San Xoán e o posterior pasarrúas da comitiva por Fernández de la Mora ata chegar á Praza do Mosteiro. Unha vez alí, ás 21.00 horas, procederase á lectura do pregón, que este ano correrá a cargo do historiador, guionista e escritor Rodrigo Cota, que é un dos grandes defensores da teoría da orixe galega de Cristóbal Colón.
Nesta xornada tamén haberá a tradicional degustación de rosca e viño, amenizada coa actuación de Nelson Quinteiro e a Asociación Cultural Máis Cantos, xunto a unha charanga tradicional. Tampouco faltará a entrega de premios do Concurso de Carteis de San Xoán.
Xa o venres 23, ademais das alboradas matutinas que se prolongarán ata o luns, desde as 18.00 horas desenvolverase a recollida de herbas de San Xoán, organizada pola Asociación Cultural Ronsel.
A partires das 21.30, a explanada da Seca acollerá a sardiñada, con prezos populares, que precederá á primeira das verbenas da programación, a cargo da Orquestra Marbella. Ás 23.30 iniciarase o espectáculo de lume previo ao prendido da gran cacharela, para espantar os malos espíritos.
O sábado 24, día do patrón, haberá ás 12.00 horas unha misa solemne na honra de San Xoán Bautista, coa actuación da Coral Virxe da Renda, seguida dun concerto a cargo da Banda de Música de Cabral. Pola noite chegarán as actuacións das orquestras Gran Parada e Ritmo Joven.
O domingo 25 os actos relixiosos serán na honra de Santa Trahamunda, desde as 12.00 horas coa actuación da Coral de Poio. Ás 13.00 horas realizarase a Subida a San Martiño, coa compaña do grupo folclórico Vides Novas. Tamén actuará a Banda de Música de Arcade. No serán, ás 20.00 horas celebrarase un concerto a cargo da Escola de Acordeóns en San Martiño, mentres que pola noite, desde as 21.30 horas, haberá unha gran verbena na Seca con Panamá e o Combo Dominicano.
Por último, o luns 26 a misa solemne do mediodía será na honra de San Fructuoso, coa Coral Virxe de Fátima, e posterior concerto da Banda de Música de Vilaboa. A Escola de Acordeóns repetirá actuación ás 20.00 horas, esta vez no Pereiro, e a última verbena nocturna da programación correrá a cargo de Olympus e Os Satélites.
A tirada de fogos de luz porá o broche de ouro ás Festas de San Xoán.
Relacionadas:
-
Un operario municipal, trasladado ao hospital da Coruña tras sufrir queimaduras na sardiñada da Seca
Por Diego Espiño |
-
O San Xoán de Poio silenciará durante unha hora as atraccións de feira para adaptalas ás persoas con autismo
Por Oskar Viéitez |
-
Ángeles Vázquez fai un chamamento para manter as praias limpas de residuos na celebración do San Xoán
Por Oskar Viéitez |
-
Na noite de San Xoán arderán en Marín 11 fogueiras públicas e 127 en espazos privados
Por Oskar Viéitez |
-
A capital recibe 142 comunicacións de fogueiras na noite de San Xoán
Por Oskar Viéitez |
-
Poio terá a súa propia danza branca e a súa contradanza
Por Oskar Viéitez |
-
Ata o 19 de xuño permanece aberto o prazo para solicitar permiso para montar fogueiras de San Xoán
Por Redacción |
-
Autorizadas as fogueiras nas praias de Silgar, Panadeira e Caneliñas en San Xoán
Por Redacción |
-
A partir do 8 de xuño, poderanse pedir os permisos para fogueiras e grelladas de San Xoán
Por Redacción |
-
A cidadanía de Bueu ten ata o 12 de xuño para solicitar autorización para facer fogueiras polo San Xoán
Por Redacción |
-
Xa vai sendo hora de empezar a falar das fogueiras de San Xoán
Por Oskar Viéitez |