O San Xoán de Poio silenciará durante unha hora as atraccións de feira para adaptalas ás persoas con autismo
Por Oskar Viéitez
As Festas de San Xoan de Poio dan este xoves o pistoletazo de saída coa lectura do pregón desde a Casa do Concello, a cargo de Rodrigo Cota, e coa entrega dos premios do Deporte 2023.
O alcalde, Ángel Moldes, destaca que "esta é unha celebración que envolve grandes lembranzas pero que, sobre todo, amosa un sentimento de unión, de identidade e de orgullo para todos os poienses. Non en vano, é unha das festas máis esperadas por todos durante todo o ano e que vivimos dun xeito moi intenso".
Por ese motivo, quere que nesta edición as festas sexan máis inclusivas e desde o Goberno local engadiron algunhas propostas novas para que os nenos teñan maior protagonismo durante estes días. A principal, segundo anuncia Moldes, é que todos os días silenciaranse as atraccións de feira, entre as 18.00 e as 19.00 horas, para que as persoas con Trastorno do Espectro Autista (TEA) poidan desfrutar delas, xa que a hipersensibilidade auditiva provócalles que os ruídos fortes lles afectan moito máis e convértense nunha importante barreira para eles.
Así, o Goberno local negociou para que se reserve unha hora diaria de funcionamento sen sonido das atraccións e, deste xeito, garantir que ningunha persoa con autismo teña problemas para acceder a elas.
Ademais, a programación das festas tamén se amplía nesta edición ata o martes 27, e por primeira vez os nenos de Poio terán unha festa para eles, con inchables gratuítos, festa da espuma e a actuación musical de Javi Solla. Desenvolverase no Adro das festas de San Xoán, entre as 17.30 e as 21.00 horas.
MÁIS APARCAMENTOS E SEGURIDADE
Para garantir a máxima seguridade e coordinación durante os días que dura a festa, e con especial atención posta na noite das fogueiras de San Xoán, para a que hai máis de 200 solicitudes de fogueiras en todo o concello, Ángel Moldes e os concelleiros de Festexos, Francisco Javier da Silva, e de Seguridade Cidadá, María José González, mantiveron este xoves a última reunión de coordinación cos dispositivos de seguridade, entre os que se atopan a Policía Local, a Garda Civil e Protección Civil, así como cos técnicos do concello.
Durante o encontro, remataron a organización de todo o operativo na zona da Seca, e nas praias de Lourido, Combarro e Raxó, para que as festas transcorran con total normalidade, así como habilitar todas as zonas de aparcamento, que este ano se incrementan para dar un mellor servizo.
Ademais, acordaron que Protección Civil terá en alerta un camión de bombeiros para actuar con rapidez en caso de que houbese algún incidente durante as fogueiras.
Relacionadas:
-
Unha festa infantil con inchables, escuma e animación porá o martes o broche final ao San Xoán de Poio
Por Redacción |
-
Un operario municipal, trasladado ao hospital da Coruña tras sufrir queimaduras na sardiñada da Seca
Por Diego Espiño |
-
Operativo especial de seguridade e tráfico na Seca con motivo do San Xoán
Por Redacción |
-
O Capítulo da Orde Mercedaria reunirase en Poio para falar de proxectos de futuro
Por Oskar Viéitez |
-
Entrega de medallas, homenaxe a Nito, pregón e chupinazo por San Xoán
Por Oskar Viéitez |
-
Preto de mil persoas apúntanse para celebrar o San Xoán con churrasco e sardiñas no pavillón de Cerdedo
Por Redacción |
-
Ángeles Vázquez fai un chamamento para manter as praias limpas de residuos na celebración do San Xoán
Por Oskar Viéitez |
-
Poio terá a súa propia danza branca e a súa contradanza
Por Oskar Viéitez |
-
Cacharelas, sardiñas e verbenas para celebrar o San Xoán en Poio
Por Redacción |