21 autorizacións concedidas para facer cachadas nas praias de Vilagarcía este San Xoán
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Durante a noite de San Xoán 284 fogueiras acenderanse no municipio de Vilagarcía, tanto en zonas urbanas como en parroquias, ao contar coa autorización do Concello para celebrar a velada máxica e festiva. Algunhas delas repetirán a próxima semana con motivo da conmemoración da festividade de San Pedro.
A hostalería local sumarase aos festexos, a través de 19 locais, ofrecendo sardiñas e asador na vía pública.
Solicitáronse 21 permisos para facer cachadas na zona das praias. Celebraranse nos areais da Concha, Compostela e A Covacha, en Carril.
Todas as solicitudes foron concedidas e as persoas autorizadas deberán cumprir as normas de prevención, seguridade e limpeza que figuran no bando do Concello de Vilagarcía, publicado a finais de maio.
A lista definitiva das celebracións autorizadas publicarase este venres 23 de xuño en sede.vilagarcia.gal e na web do Concello.
Relacionadas:
-
Meigas fóra! San Xoán cumpre coa súa tradición nunha noite máxica de lume, sardiñas... e celebración
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
Preto de mil persoas apúntanse para celebrar o San Xoán con churrasco e sardiñas no pavillón de Cerdedo
Por Redacción |
-
A capital recibe 142 comunicacións de fogueiras na noite de San Xoán
Por Oskar Viéitez |