Ángeles Vázquez fai un chamamento para manter as praias limpas de residuos na celebración do San Xoán
Por Oskar Viéitez
A vicepresidenta segunda da Xunta de Galicia e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez fixo un chamamento á cidadanía para celebrar a noite de San Xoán, mantendo as praias limpas de residuos e tamén sendo respectuosos coa preservación dos valores naturais dos areais.
Ángeles Vázquez lanzou esta mensaxe durante unha visita á praia de Cabeceira, no Concello de Poio, na que estivo acompañada do delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, e do delegado en Galicia de Ecoembes, Bruno de Llano.
A vicepresidenta segunda lembrou pautas de comportamento claves para que esta celebración non deixe “pegada” no medio ambiente.
Entre outras, reiterou a importancia de recoller os refugallos xerados e depositalos no contedor que corresponda para o seu correcto tratamento, recomendou usar friameiras, vaixela e bolsas reutilizables para reducir a xeración de residuos, así como priorizar a compra de produtos a granel en vez dos sobrenvasados.
"Unha simple bolsa de plástico tarda 400 anos en degradarse", destacou a conselleira.
Con motivo desta xornada festiva, Ecoembes presentou un decálogo de boas prácticas entre as que se atopa a recomendación de facer un bo cálculo dos asistentes para evitar comprar máis comida e bebidas do necesario e optar por alimentos que poidan ser aproveitados ao día seguinte, reducindo así o desperdicio alimentario.
Relacionadas:
-
Entrega de medallas, homenaxe a Nito, pregón e chupinazo por San Xoán
Por Oskar Viéitez |
-
Preto de mil persoas apúntanse para celebrar o San Xoán con churrasco e sardiñas no pavillón de Cerdedo
Por Redacción |
-
Concedidos 231 permisos para a celebración das fogueiras de San Xoán en Sanxenxo
Por Redacción |
-
O San Xoán de Poio silenciará durante unha hora as atraccións de feira para adaptalas ás persoas con autismo
Por Oskar Viéitez |
-
Na noite de San Xoán arderán en Marín 11 fogueiras públicas e 127 en espazos privados
Por Oskar Viéitez |
-
A capital recibe 142 comunicacións de fogueiras na noite de San Xoán
Por Oskar Viéitez |
-
Cacharelas, sardiñas e verbenas para celebrar o San Xoán en Poio
Por Redacción |